26 jun. 2018


21 DE XUÑO  DÍA EUROPEO DA MÚSICA




Como xa vén sendo habitual o Conservatorio Profesional de Música " Xoán Montes" celebrou o pasado xoves 21 de xuño o concerto conmemorativo do Día Europeo da Música.


Para a ocasión a creación dunha orquestra sinfónica na que participan alumnos/ as, profesores/ as, e antigos alumnos/ as do centro, é un logro moi do agrado do público xa que se lle ofrece a posibilidade de escoitar un repertorio diferente ao habitual debido precisamente á versatilidade da formación e que se vai consolidando ano tras ano.





Felicitacións a todos os que dun modo ou outro contribuíron a que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega chegase a realizar todas as actividades do presente curso.

Boas vacacións!









13 may. 2018

                   
                         LETRAS GALEGAS 2018

                        Mª Victoria Moreno Mázquez 
                

Unha vez mais celebramos o día das nosas letras e, ¿ que mellor  presentación que as palabras da homenaxeada este ano ?

…………
Con Cervantes, Federico
e Miguel, o de Orihuela
faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar na lingua galega
             ………

Temos na vidreira do primeiro andar unha exposición sobre Mª Victoria Moreno Márquez, a súa biografía para consultar, unha reseña neste  blogue e unha invitación para que veñades o concerto de música galega do mércores 16 ás 20,00 no Auditorio do Conservatorio. Que mais se pode pedir?. Que veñades!

23 abr. 2018


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO





O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano de 1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e o Inca  Garcilaso de la Vega. Igualmente conmemórase o nacemento ou morte doutros autores prominentes como  Maurice  Druon,  Haldor  K.  Laxness,  Vladimir  Nabokov, Josep Pla e Manuel  Mejía  Vallejo.
A celebración deste día foi unha decisión espontánea tomada na Conferencia Xeral da UNESCO que se celebrou en París en 1995, para render unha homenaxe universal aos libros e autores.

"Xanela aberta á diversidade das culturas e ponte tendido entre as civilizacións,  vector de valores, de saberes, do sentido estético e da imaxinación, o libro é ante todo obra da intelixencia, a creatividade e a cultura humanas: por iso enriquece o patrimonio inmaterial da humanidade..." ( Koïchiro  Matsuura, Director Xeral da UNESCO).

5 mar. 2018

               
8 de marzo día da muller






Temos preparado un concerto, unha exposición de mulleres inventoras e unha rosa para cada muller que veña ás 19,30 ao Auditorio. Non faltes!
Música e rosas para todas as mulleres no noso día. Nesta data reivindicativa non esquezas do lema deste ano:

IGUAIS E LIBRES