Estamos a preparar os actos cos que conmemorar o dia internacional da Paz, ou aplicando as datas mais sinaladas do calendario escolar, o 30 de Xaneiro è o Dia Escolar da Non Violencia e a Paz.
Aí vai un adianto do programa:
- Colocación de frases, desexos, ideas, poemas, ditos ou refráns relacionados co tema, na Árbore da Paz plantada no vestíbulo do Conservatorio, dende o dia 24 ata o 30. (So tes que coller unha folliña, escribir a túa mensaxe e colgala na árbore).
- Concerto da Banda Municipal de Lugo coa colaboración de profesores do Conservatorio o xoves 30 de Xaneiro ás 20 h no Auditorio. Leeremos alguhna das mensaxes colocadas na Abore da Paz.
- Exposición de contos e historias de paz, amizade e fraternidade na vidreira do corredor do primeiro andar.
E que mellor xeito de transitar por ese ese camiño que o venerable Mahtama Gandhi nos mostrou que festexar a efemeride. Ven, participa, implícate, a paz e un ben de todos.