9 dic 2016

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS 2016





Que son os dereitos humanos? 
Os dereitos humanos son dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen distinción algunha de nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional ou étnica, cor, relixión, lingua, ou calquera outra condición. Todos temos os mesmos dereitos humanos, sen discriminación algunha. Estes dereitos son interrelacionados, interdependientes e indivisibles.
Os dereitos humanos universais están a miúdo contemplados na lei e garantidos por ela, a través dos tratados, o dereito internacional consuetudinario, os principios xerais e outras fontes do dereito internacional. O dereito internacional dos dereitos humanos establece as obrigacións que teñen os gobernos de tomar medidas en determinadas situacións, ou de absterse de actuar de determinada forma noutras, a fin de promover e protexer os dereitos humanos e as liberdades fundamentais dos individuos ou grupos.
Universais e inalienables
O principio da universalidade dos dereitos humanos é a pedra angular do dereito internacional dos dereitos humanos. Este principio, tal como destacásese inicialmente na Declaración Universal de Dereitos Humanos, reiterouse en numerosos convenios, declaracións e resolucións internacionais de dereitos humanos. Na Conferencia Mundial de Dereitos Humanos celebrada en Viena en 1993, por exemplo, dispúxose que todos os Estados tiñan o deber, independentemente dos seus sistemas políticos, económicos e culturais, de promover e protexer todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais.
 Todos os Estados ratificaron polo menos un, e o 80 por cento deles catro ou máis, dos principais tratados de dereitos humanos, reflectindo así o consentimento dos Estados paraestablecer obrigacións xurídicas que se comprometen a cumprir, e conferíndolle ao concepto da universalidade unha expresión concreta. Algunhas normas fundamentais de dereitos humanos gozan de protección universal en virtude do dereito internacional consuetudinario a través de todas as fronteiras e civilizacións.

Os dereitos humanos son inalienables.
 Non deben suprimirse, salvo en determinadas situacións e segundo as debidas garantías procesuais. Por exemplo, pódese restrinxir o dereito á liberdade se un tribunal de xustiza ditamina que unha persoa é culpable de cometer un delito.

Interdependientes e indivisibles
Todos os dereitos humanos, sexan estes os dereitos civís e políticos, como o dereito á vida, a igualdade ante a lei e a liberdade de expresión; os dereitos económicos, sociais e culturais, como o dereito ao traballo, a seguridade social e a educación; ou os dereitos colectivos, como os dereitos ao desenvolvemento e a libre determinación, todos son dereitos indivisibles, interrelacionados e interdependientes. O avance dun facilita o avance dos demais. Da mesma maneira, a privación dun dereito afecta negativamente aos demais. 

Iguais e non discriminatorios
A non discriminación é un principio transversal no dereito internacional de dereitos humanos. Está presente en todos os principais tratados de dereitos humanos e constitúe o tema central dalgunhas convencións internacionais como a Convención Internacional sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial e a Convención sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación contra a Muller.
O principio aplícase a toda persoa en relación con todos os dereitos humanos e as liberdades, e prohibe a discriminación sobre a base dunha lista non exhaustiva de categorías tales como sexo, raza, cor, e así sucesivamente. O principio da non discriminación compleméntase co principio de igualdade, como o estipula o artigo 1 da Declaración Universal de Dereitos Humanos: “Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos”.

Dereitos e obrigacións

Os dereitos humanos inclúen tanto dereitos como obrigacións. Os Estados asumen as obrigacións e os deberes, en virtude do dereito internacional, de respectar, protexer e realizar os dereitos humanos . A obrigación de respectalos significa que os Estados deben absterse de interferir no goce dos dereitos humanos, ou de limitalos. A obrigación de protexelos esixe que os Estados impidan os abusos dos dereitos humanos contra individuos e grupos. A obrigación de realizalos significa que os Estados deben adoptar medidas positivas para facilitar o goce dos dereitos humanos básicos. No plano individual, así como debemos facer respectar os nosos dereitos humanos, tamén debemos respectar os dereitos humanos dos demais.




No 68 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos non esquecemos ós milleiros de refuxiados vítimas de guerras, fame, falta de liberdade e demais calamidades que terian  que ser impensables en pleno século XXI.
Cando te pares diante das imaxes que temos na vidreira do primeiro andar do noso centro e que nos recordan o que está a pasar ten polo menos un pensamento de solidariedade con eles. 
!Non podemos esquecelos!.












22 nov 2016


 





No Conservatorio "Xoán Montes" temos un mural no primeiro andar para lembrar que seguimos necesitando un día 25 de novembro.
Poñemos á túa  disposición marcapáxinas, pulseiras e lazos alusivos a data.
Recolle e loce o teu lazo ou pulseira solidarios para mostrar o teu compromiso contra a violencia de xénero e contra calquera tipo de violencia. 
O venres ás 18,00 regalaremos un pouco de música nos corredores do centro.





3 oct 2016






O U T O N O





Chegou o tempo de Outono 
prás castañas varear. 
¡Chegou o tempo do sono
e a sazón de sementar!

(TERRA CHÁ, 1954)


Eu non sei decir cal é, nin adiviño
que froito ten o Outono máis logrado: 
se o millo bó, metálico e broslado
ou o membrillo, redondo e mareliño.

Outono é tempo das vendimas. 
As uvas maduras, tentadoras, 
tomaron o sol horas e horas
e lembran orballos e chorimas.
O vento baixa dende as cimas
con duras agullas feridoras
e as cubas, solemnes e señoras,
gardan, na adega, os seus enigmas. 
...

As árbores desnúdanse amodiño,
 derramando, a bocados, un tesouro: 
follas de prata, recamadas de ouro, 
nun solpor alampado e mareliño.
                                            ...

(POEMAS AO OUTONO, 1977)






                                                                                       




                                                                                                   Material recollido da web casamuseomanuelmaria.gal









20 sept 2016


Os equipos de dinamización comezan o curso con novas propostas para estudar e vivir en galego




 
O Portal da Lingua Galega, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ofrece unha mostra de materiais e actividades de referencia elaborados nos centros educativos

Santiago, 20 de setembro de 2016.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística, no cumprimento das funcións que ten asignadas, ofrece no Portal da Lingua Galega unha mostra dos materiais máis representativos, coa finalidade de divulgalos e de estender, deste xeito, as boas prácticas na promoción do uso do galego.
Nesta selección podemos atopar dende o modelo de entrevista inicial de escolarización que nos ofrece a EEI Fernández Varela da Pobra do Caramiñal, ata axendas escolares coma a do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, dedicada a Carlos Casares con motivo do Día das Letras Galegas 2017, pasando polos adhesivos dinamizadores para decorar cartafoles e cadernos da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Salnés ou a sinalización para colexios adaptada a alumnado con dificultades de alfabetización que propón o CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño (Ribeira).
Promoción do galego no ámbito educativo

A difusión de boas prácticas e de materiais de referencia dos e para os equipos de dinamización da lingua galega forma parte das liñas de traballo que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación dedica a promover o galego no eido do ensino. Ao mesmo obxectivo diríxense as axudas económicas aos equipos para que poidan desenvolver as súas propias iniciativas no exercicio da autonomía que se lles recoñece aos centros educativos, os Proxectos de innovación en dinamización lingüística, o Proxecto Antonio Fraguas ou programas de dinamización lingüística como Nós tamén creamos! ou Dragal. De todas estas actividades e convocatorias pódese atopar información no Portal da Lingua Galega.

10 jun 2016






Un día grande para celebrar todos os músicos


Día Europeo da Música
O Día Europeo da Música é unha 
iniciativa do Ministerio de Cultura Francés, que estableceu que cada ano, coincidindo co primeiro día do verán e o máis longo do ano, se celebrara a Festa da Música. Un evento no que músicos de todo tipo (profesionais, afeccionados, estudantes) toman as rúas das súas cidades e utilizan espazos pouco habituais para a expresión musical: estacións, museos, parques, edificios públicos, entre outros.
Por outro lado, a festa serve para animar ás institucións principais da música (orquestras, óperas, coros, etc) a que realicen actividades fóra dos seus espazos habituais. Ao dar a benvida a outros tipos de música, estas institucións participan nun intercambio cultural que conectan os centros da cidade e as súas áreas periféricas, ofrecendo concertos en hospitais, prisións, igrexas e promovendo encontros entre os músicos máis noveis e os profesionais. Na actualidade, este evento celébrase en máis de cen países do mundo.
Por primeira vez o Conservatorio  Profesional "Xoán Montes" súmase a conmemoración. Mágoa que non teñamos mais compañeiros de viaxe. Quen sabe se algún dos músicos ou agrupacións que nos lean animaranse a participar connosco nesta festa!
 







22 may 2016

Castelao, tenebrismo de luz norte

 No centenario da súa chegada a Pontevedra e da Fundación das Irmandades dá Fala, o sexto edificio do Museo de Pontevedra alberga ata o 5 de xuño a exposición “Castelao artista”. Os fundamentos do seu estilo (1905-1920)». O seu comisario Carlos Vale defende a tese dun Castelao comprometido coa pintura e reúne por primeira vez todas as súas obras de gran formato.

CEDIDA«O Cego» (1913)

Castelao foi pintor nun dos períodos máis convulsos e fértiles da historia da pintura. As vangardas históricas puxeron patas para arriba a academia e os manifestos sucedíanse e, á vez, negábanse uns a outros. Nesa época o artista sepárase do seu público e comeza en solitario a procura incesante de camiños novos. A maioría destas linguaxes son universais e intercambiables, sen un apego especial a un territorio ou a unha colectividade. O neoplasticismo e o constructivismo transitan por camiños contiguos desde sociedades ben distintas. O artista non pode esperar ao seu público. Está só e compórtase como o visionario que sabe algo que os demais nin sequera imaxinan. Os seus logros serán asumidos moitos anos despois. A comunicación verase fracturada porque o código é novo e a súa vixencia só poderá ser medida co paso do tempo. O mesmo tempo necesario para que o público chegue a comprendelo e a facelo seu.
Castelao foi pintor nesa época e estaba informado. Coñecía perfectamente o novo porque o vía cos seus ollos, no curso das súas viaxes. Pero Castelao non era capaz de comulgar co feroz individualismo do artista novo. O motor de Castelao sempre foi Galicia e nela atopou todo o que necesitaba para levantar a súa obra. A súa mirada é obviamente moi política e está ao servizo do seu pobo, sen concesións á moda. Non hai rastro desa ambición gregaria da que ás veces adoecen os máis arribistas, os que se alistan na nova lexión que a crítica ampara. Castelao nunca se desviou do seu destino, polo que a linguaxe empregada é natural e vernáculo. Nace da propia terra.
Agora ben, na pintura Castelao tivo que adoptar unha postura estética e un modo de facer. A pintura sempre esixe unha toma de posicións e ten os seus propios problemas. A pintura tamén é unha patria. Unha vez montado o lenzo sobre o caballete o pintor afronta o feito de pintar cunha necesaria nudez ideolóxica. A pintura expón as súas propias preguntas. Nese momento é máis útil invocar a Velázquez que a Karl Marx.
      CEDIDA«Mariñeiros» (1909)

En Mariñeiros de 1909, unha das obras máis claramente pictóricas presentes na mostra, a cor está tratado cun luminismo próximo a Sorolla. Pero as figuras están perfiladas coma se finalmente o debuxo puidéselle á mancha. É un Sorolla embridado. Esta supremacía do debuxo sobre a pintura é algo que uns anos máis tarde tamén veremos na obra de Carlos Maside.
Castelao sempre é debuxante. A súa maneira de debuxar é moi contemporánea e hoxe o seu estilo conviviría sen problemas na escena do cómic máis actual. Os cegos son personaxes moi recorrentes no seu imaxinario e precisamente os carteis de cegos son unha forma arcaica e profundamente popular do que hoxe coñecemos como cómic. Castelao tiña as vimbias de algo que aínda non existía. Tal é a súa importancia.
Castelao parece que pinta cando debuxa e parece que debuxa cando pinta. Non adopta un rexistro distinto, senón que adapta as xa mencionadas necesidades da pintura á súa persoal maneira de contar. O pincel e a pluma contan unha mesma historia. É aí onde se distancia dos seus contemporáneos porque a boa figuración sempre se apoia nunha narrativa e Castelao foi capaz de construír unha crónica fiel do seu tempo, empregando os medios artísticos ao servizo dun fin. E fíxoo sen desatenter a calidade da súa pincelada nin a potencia da súa mancha. Era, non hai dúbida, pintor. 



     VITOR MEJUTO «El Emigrante» (1918)

Da ilustración á pintura hai un salto de código. A entrada a outra dimensión. Aparecen a liquidez, o empastado e todas as vicisitudes do material. As peripecias ópticas da composición e as leccións dos vellos mestres. Pero, sobre todo, hai algo físico: un espazo que o espectador debe ocupar. Esa ruta segue aberta e hoxe artistas como O Roto aínda a transitan. Do papel prensa ao libro. Do libro á tea. Do quiosco á galería de arte. Esta viaxe non é sempre afortunado. En Castelao si.

Para comunicarse co seu pobo Castelao non cae no folclorismo nin en solucións amables. É como un gran observador barroco das clases populares. Hai máis épica na emigración que nun gran cadro bélico ou relixioso concibido para maior gloria da alta burguesía que, ao cabo, é quen paga. Os personaxes de Castelao son humildes pero non exentos de dignidade. As caras arrasadas dos cegos e a fonda pincelada, que nada ten que envexar a un Zuloaga, retratan a terra e quen a habita. O labrego é o protagonista. E o pescador. E o traballo e os oficios. Como no Ángelus de Millet. Castelao intelectualiza a súa linguaxe pictórica descendendo no seu discurso para mirar aos ollos do seu veciño, para compartir a súa pena ou a súa miseria, en definitiva, para dar voz a quen non a ten. Non necesitou subirse ao cabalo desbocado de ningunha vangarda para poñer a pintura galega no camiño que logo Maside e Seoane axudaron a construír.
Con todo no texto da súa soada conferencia Algo acerca da caricatura utiliza fundamentos teóricos propios de vangarda para colocar a arte da caricatura no lugar que lle corresponde. Di Castelao que a caricatura non esaxera, senón que fai unha selección dos trazos esencialmente expresivos. Para dicir máis con menos. Isto é economía de medios. Isto é minimalismo. Di ademais que o cerebro é máis rápido que os sentidos e que a percepción. Que a evolución humana e o progreso avanzan cara ao concreto. Isto é arte concreta. Pura construción. Isto demostra unha vez máis que Castelao coñecía os novos rumbos que se abrían paso pero preferiu recoller a herdanza de grandes debuxantes como Honoré Daumier e moito antes de grandes creadores de historia gráfica como o propio Goya, para construír o libreto ilustrado deste país.


CEDIDA«O apestado» (1916-18)

Nos grandes formatos é onde se mostra máis seguro, cun dominio da composición e a luz notables. Hai unha especie de tenebrismo de luz norte que achega a pintura de Castelao á Escola vasca do xa mencionado Zuloaga, de Aurelio Arteta ou de José Arrúe. Comparte con eles a necesidade de idealizar a paisaxe, o labrego e a romaría. A necesidade de ofrecer un testemuño pictórico dunha terra abandonada.

Fonte: FUGAS suplemento de ocio e cultura do xornal “La Voz de Galicia” 20/05/2016







11 may 2016

Letras Galegas 2016










Como cada mes de maio celebramos a festa das notas letras. Ahí vai o cartel do concerto co que lembramos o poeta chairego Manuel Maria que é o homenaxeado este ano, este luns 16 ás 19,30 no Auditorio do Conservatorio 
A música dos mellores compositores clásicos galegos vai lembrarnos a herdanza que nos legaron os nosos antepasados para disfrute de todos nun patrimonio cultural non sempre coñecido e valorado.
Tamén vos adiantamos o programa a interpretar polos profesores e alumnos, a orquestra xuvenil e o coro infantil nunca verdadeira celebración do 17.
Agardamos que veñades e disfrutar na vosa compañía e o final do concerto poder cantar todos xuntos o himno galego







Pero ainda hai mais. Neste blogue no apartado Letras Galegas vida e obra de Manuel Maria e na vidreira do corredor do primeiro andar varios poemas lembran a conmemoración das nosas letras.







25 abr 2016

Novos lanzamentos reivindican a figura de Manuel María 
Unha biografía e un libro-DVD súmanse ás propostas arredor do poeta chairego





A memoria que os seus amigos e coñecidos teñen sobre Manuel María serven de eixe aos dous proxectos que se acaban de presentar sobre o poeta chairego. Toxosoutos edita Manuel María. Reencontrado, un libro no que Xosé Lois García parte da súa vivencia persoal co autor homenaxeado no Día das Letras deste ano para abordar o escritor a través da súa relación coa Ribeira Sacra e a recuperación artigos previos e material sobre o mesmo. Pola súa banda Margarita Ledo acaba de presentar Manuel María. Eu son fala e terra desta miña terra, un libro DVD no que se recolle o documental de 2005 que realizou sobre o poeta. Editado pola produtora Nós, o volume recolle textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e Margarita Ledo que abordan desde diferentes perspectivas a figura do homenaxeado. No documental, a propia voz de Manuel María serve para integrar imaxes de diferentes épocas nun percorrido pola vida, a obra e as ideas do autor. 


Fonte da información: Culturagalega.org

16 abr 2016

O xermolo das Irmandades da Fala que plantou Villar Ponte cumpre un século
Do artigo «El cimiento de la afirmación gallega» naceu a organización galeguista
O xermolo do que naceu esta organización plantouno hai un século, Antón Villar Ponte (Viveiro, 1881-A Coruña, 1936), cun artigo, curiosamente, o texto estaba escrito en castelán, levaba por título El cimiento de la afirmación gallega.


As ideas do Provincialismo e do Rexionalismo tiñan o seu eco nesta proclama e así, o 18 de maio de 1916, nunha reunión na Real Academia Galega, acórdase a creación da Irmandade dos Amigos da Fala. A Nosa Terra, nesta segunda época, presentábase como "O boletín, o vocerio do ideario das Irmandades da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e de Portugal"

As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916. Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago..). Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra. Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.


 
En 1916 na casa número 38 da rúa Real (A Coruña) dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte créanse "As Irmandades da Fala" Cortesía de Foto Blanco

En 1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega" que tivo como conclusións a reivindicación da autonomia integral, a oficialización da língua e o pedimento de inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra. 
No ano 1920, o 25 de xullo, celébrase por primeira vez o DÍA DE GALICIA. Vicente Risco expresou daquela que o día do Apóstolo constituía a festa da Patria Galega, a festa nacional de Galicia. Os días 30 e 31 de agosto, no Balneario de Mondariz, a Real Academia Galega recibe como membros a Rei Soto e a Ramón Cabanillas.
Xa no século XVIII, xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural. Créanse organismos como as Sociedades Económicas de Amigos do País e a Academia de Agricultura do Reino de Galicia.

Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a figura do Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético (naturalista, linguista, bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no ensino, na Administración e na Igrexa, isto é, a súa normalización como língua propia dos galegos. O contexto socio-político contrasta coa prolífica actividade cultural. A sociedade galega dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país.

Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción Gallega".




As Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas,de estubios linguísticos e reivindicaron a presencia do galego na Administración e no ensino. Déronlle pulo á actividade editorial nas principais cidades galegas: Céltiga en Ferrol, Lar na Coruña,Alborada en Pontevedra, e moitas outras,ademais de frecuentes seccións en galego na prensa en castelán. Neste contexto aparece a revista Nós, da man de V. Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, que conforman o coñecido "Grupo Nós". A eles lígase a figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
 Os membros de "Nós", cunha ampla formación intelectual, marcan como finalidade a eliminación do lastre folclorista da cultura galega, mediante a súa actualización, normalización e universalización. A revista contaba coa colaboración de autores estranxeiros (portugueses, irlandeses, cataláns, franceses...), que a poñían en contacto coas correntes europeas, ademais de traduccións variadas e artigos, tanto de carácter científico (arqueoloxía, etnografía, antropoloxía, socioloxía...) coma literarios.

A obra literaria destes intelectuais, que recuperan campos como o ensaio, outórgalle á prosa galega un grao de desenvolvemento pleno e integra a nosa cultura no contexto europeo: Arredor de si, Devalar ou Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo e Os europeos en Abrantes e O porco de pé, de Vicente Risco, son títulos que forneceron a nosa literatura de novas técnicas de creación que se estaban a desenvolver na literatura europea incorporándolle temáticas universalistas, lendarias e exóticas, urbanas e pensamentos filosóficos.

A feble tradición do xénero dramático recibiu un pulo coa creación, desde as Irmandades, do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919, que logo pasa a ser Escola Dramática Galega.
Os movementos europeos de vangarda inflúen de maneira importante na producción poética galega. Os autores da chamada "Xeración do 25", (Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey) demostraron unha grande vontade de orixinalidade creativa, que pasa polo enfrontamento aberto coas formas tradicionais de poesía.

Merece mención á parte a figura polifacética de Castelao, clásico da literatura 
                                                                                            

  

galega en tódolos xéneros que cultivou: novela, teatro, narrativa breve e ensaio político (Sempre en Galiza, obra mestra do pensamento nacionalista galego) e outros titulos que reflicten conxuntamente a súa capacidade como debuxante e literato. A figura de Castelao entraña unha grande significación política plasmada na súa obra ensaística e na súa participació nactiva e directa na política do país (foi deputado da República nas filas do Partido Galeguista).

En 1931 créase o Partido Galeguista,que consegue a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, no que a língua galega adquire por vez primeira o recoñecemento de "idioma oficial de Galicia". Este logro importantisimo non chegou a ter aplicación na práctica por mor do estoupido da Guerra Civil (1936), que supuxo o principio da máis crúa etapa para as línguas minorizadas do Estado español.

Fontes de información: 
CRTVG, www.crtvg.es (Esp. Día das Letras Galegas) www.diadasletrasgalegas.com
www.galicia.swred

15 abr 2016

Primavera das Letras

A Real Academia Galega pon en marcha o proxecto web Primavera das Letras
O CEIP Curros Enríquez da Coruña acolleu opasado día 11 a presentación de Primavera das Letras. A Real Academia Galega presentou na biblioteca deste colexio do barrio coruñés de Monte Alto, no que Manuel María viviu a derradeira etapa da súa vida, este novo proxecto pensado para fornecer o profesorado, a través das novas tecnoloxías, de recursos didácticos que permitan traballar os contidos educativos relacionados co Día das Letras Galegas alén dos días previos ao 17 de maio e desde unha perspectiva interdisciplinar. 

Membros da Academia, profesorado, alumnado do CEIP Curros Enríquez, Saleta Goy e outros asistentes ao acto posan tras a presentación do proxecto Primavera das Letras, celebrada na biblioteca do centro. Foto: RAG

A cerna de Primavera das Letras é a páxina web academia.gal/primaveradasletras, desde a que se achegarán distintos materiais, dirixidos sobre todo ao alumnado de infantil e primaria. O proxecto está aberto tamén ás familias e a calquera usuario, que poderán acceder aos materiais pendurados neste espazo virtual de acceso libre.
Na presentación de Primavera das Letras interviñeron o director do CEIP, Antonio Leonardo Pastor; o secretario da Academia, Henrique Monteagudo; a coordinadora de normalización lingüística do colexio, Begoña Mosquera, e o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero. As académicas Rosario Álvarez e Margarita Ledo e Saleta Goy, viúva de Manuel María, tamén participaron, xunto a outros membros da comunidade escolar, nun acto no que o alumnado acaparou o protagonismo. Dous grupos de estudantes recitaron os poemas de Manuel María "Galiza", d'Os soños na gaiola; e "A fala", d'As rúas do vento ceibe; e outro interpretou un rap sobre a vida de Manuel María, composto polo profesor José Manuel López Cabana, do CEIP Antonio Fernández López de Oural (Sarria).
O director do centro foi o encargado de abrir o acto cunha intervención na que salientou que o CEIP Curros Enríquez leva dezaseis anos traballando en proxectos de dinamización e fomento da lingua galega e avogou pola relación entre o colexio e institucións como a Academia. "Nós gañamos que os nosos alumnos teñan máis vivencias, máis experiencias, favorecer a súa formación como persoas". Tras as palabras de Antonio Leonardo Pastor, que reivindicou tamén o labor de Manuel María en defensa da lingua galega, Henrique Monteagudo presentou o proxecto, que "nace da demanda sobre todo do profesorado e dunha preocupación da Academia". "Recibimos con moita frecuencia visitas de estudantes e os profesores sempre nos fan notar a conveniencia de que a Real Academia Galega cree materiais didácticos relacionados coa lingua e a literatura galega, que son moi ben recibidos polo profesorado nos centros", explicou Henrique Monteagudo.

Unha estación para a nosa literatura
Con estes recursos preténdese contribuír ademais estender a celebración e que "o Día das Letras Galegas sexa algo máis ca un día". De feito, Primavera das Letras fornecerá de novos recursos a comunidade educativa ao longo de toda a primavera, ata mediados do mes de xuño, achegándolle desde fichas didácticas a actividades interactivas. Os contidos estarán ademais accesibles na web todo o ano co propósito de poderen ser empregados en calquera momento, xerando pouco a pouco un banco de recursos que pretende ser útil para toda a comunidade escolar.
As actividades das fichas didácticas están interrelacionadas con distintos contidos do currículo escolar para facilitaren un enfoque globalizador e interdisciplinar e a súa utilidade en calquera momento. Deste xeito, poderanse traballar na aula contidos de literatura galega, a expresión oral e escrita, aspectos relacionados co coñecemento do medio natural, as ciencias sociais ou a educación artística e a creatividade. Todo isto, a través do universo literario de Manuel María, "unha figura especialmente adecuada para iniciar este proxecto, pola importancia que ten a obra que dedicou de forma específica ao público infantil", e na que abondan os versos referidos aos ríos, a paisaxe e outros elementos do medio natural, concluíu Monteagudo.
O presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, pechou o acto loando as interpretacións do alumnado e agradeceu a hospitalidade do CEIP Curros Enríquez. Segundo recordou, Manuel María "escribiu polo menos corenta poemas en defensa da fala". O recitado polo alumnado do colexio de Monte Alto, "A Fala", "é un poema moi atinado para empezar a Primavera das Letras", recoñeceu Alonso Montero, que puxo tamén en valor a defensa da fala e da xustiza social que mantivo o escritor que lle dá nome a este centro educativo, figura esencial desde a emigración na Habana no nacemento da Real Academia Galega no ano 1905, recordou.

Algúns exemplos dos contidos de Primavera das Letras
Primavera das Letras arrinca cunha ficha na que se explica a orixe do Día das Letras Galegas, que se celebrou por primeira vez en 1963, cen anos despois de se publicar Cantares gallegos. Séguelle Manuel María, unha vida de poema, na que a biografía do autor se escribe a través de poemas como Carné de identidade e se propón ao alumnado, entre outras cousas, que escriba o seu propio carné en verso ou converterse en xornalista para recoller testemuños sobre o uso do carro, ao que Manuel María lle dedicou un dos seus poemas máis populares.
A poesía de Manuel María está chea de versos que facilitan esta mirada multidisciplinar, parte deles incluídos en dúas obras destacadas da literatura infantil galega: Os soños na gaiola, publicado por primeira vez en 1968, cando apenas había un pequeno feixe de obras en galego para o público máis novo; e As rúas do vento ceibe, de 1979. Cada un destes dous poemarios conta con cadansúa ficha didáctica.
Manuel María dedicoulle Os soños na gaiola a todos os nenos e nenas que falan galego e xuntou neste libro, segundo dicía, os versos que el botou en falta na súa infancia. Na ficha sobre este poemario proponse un achegamento á súa poesía, mais tamén á natureza, con debuxos para colorear os versos que Manuel María lle escribiu á bolboreta, ao "arco da vella co ceo subido", ao "señor merlo larpeiro", ao "ourizo ouriceiro" ou á "señora Pita", entre outras propostas.
Primavera das Letras non só recorre á obra de Manuel María para o público infantil, tamén aproveita outros versos que poden ser igualmente empregados nas escolas para abordar, ademais da lingua e da literatura en si mesmas, contidos relacionados co mundo animal ou a xeografía.

Outros recursos da Academia
A web da Academia, academia.gal, ofrece na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Manuel María e tamén está a incorporar entrevistas, poemas comentados ou reportaxes sobre a figura homenaxeada na sección Novas, que se visualiza desde a páxina de inicio.
Primavera das Letras non é o primeiro proxecto da Academia pensado especialmente para o ámbito educativo. En colaboración coa Fundación Barrié, mantén o Portal das Palabras, cunha moi boa acollida no ámbito educativo, pero pensado sobre todo para o alumnado de secundaria e persoas adultas.


Recollido no blogue da RAG