De novo convosco
Música do outono
Oio unha música
doce e triste.
Son as follas secas
que cantan,
é o aire canso
que canta.
son os froitos maduros
que cantan.
Nos granadeiros
ri a granada
unha risa colorada.
Nas figueiras
rin os figos
unha risa engurrada.
Oio unha música
doce e triste.
É o outono que canta.
(Alicia Morel)