Termos musicais


Esta pequena escolma de termos en galego, seica non pretende encher un baleiro 
no eido da educación musical na nosa fala;  tarefa que, por outra banda,  abrangue moito tempo e fonda investigación especializada.
 Tan só pretendemos, paseniñamente, expresar, difundir e dinamizar a riqueza da nosa lingua: 
coñecela e utilizala.


 Anacruse 
Nota ou grupos de notas
iniciais dunha frase que,
privadas de acento, preceden
a un primeiro tempo forte
ou acentuado.



Díese
Signo que modifica
un semitón ascendente
á nota que está a súa dereita. 






Filharmónica

É un instrumento aerófono
de palleta libre que destaca
pola capacidade expresiva
e a súa extrema portabilidade.
O mesmo termo emprégase
tamén para se referir
a unha sociedade musical
ou agrupación orquestral. 

  

Cana
Peza feita a partir da cana
común (arundo donax) 
que se coloca na embocadura 
de certos instrumentos de vento e produce o son ao vibrar.
                                        


Caldeirón
Signo musical que representa
a suspensión momentánea
do compás ou que se prolonga
a duración dunha nota 
a vontade do intérprete.            
                                                                                                     


  
Caravilla
 
Peza dun instrumento na que se
envolven os extremos das cordas
para tensalas máis ou menos.






 
Palleta
Peza de metal ou de cana
que se coloca na embocadura
de certos instrumentos de vento
e produce o son ao vibrar.






Mastro
Peza alongada e estreita
de certos instrumentos
de corda, no extremo da cal
se tensan as cordas.






Harmonía

Arte de formar e enlazar acordes.




Dixitación


Indicación que, nunha
partitura, sinala que dedos
deben usarse para tocar 
as notas correspondentes. 





Imagen de Alfredo KrausCantareiro/a                        

Que sabe cantar ou é afeccionado/a
ao canto.



 





Valse


Danza de ritmo ternario 
executada por unha parella
que se despraza dando voltas.





Agóxica
Termo introducido por Riemann en 1884 para indicar os cambios do tempo no mesmo momento da execución, non están indicados no texto ou partitura, pero son suxeridos polo sentido do musical, normalmente son pequenas aceleracións ou desaceleracións. Tamén é coñecido como tempo rubato.


Alalá
Canto popular galego lento e melismático 
que remata frecuentemente con ‘ailalala, ailalala’ 
ou letras baleiras semellantes.

                                                                          .http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/66/Filand%C3%B3n_%281872%29_Luis_%C3%81lvarez_Catal%C3%A1.jpg



Panxoliña:
Canción popular de tema relixioso, que se canta polo Nadal.
Coro : Caroler Ni?os



                                                                                                             






Tarrañolas:
Instrumento musical popular formado por dúas pezas planas de madeira, pequenas e alongadas, que se encaixan entre os dedos e se tocan baténdoas unha contra a outra.


Timbais:
Instrumento de percusión (dous ou mais) semellante ao tambor, que consiste nunha caixa metálica semiesférica, xeralmente de cobre, cuberta cunha pel pola parte superior, que se toca cunhas baquetas e se pode afinar.






Arranxo:
Adaptación dunha obra. Consiste basicamente en reescribir o material preexistente para que quede en forma diferente a como fora inicialmente composto e executado e variando  a instrumentación.


















Entoación: 

Movemento melódico da voz, graduando tons e valores, nunha obra musical.
















No hay comentarios: