O vindeiro martes día 10 cúmprese o 65 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos. No Conservatorio para non esquecer o valor de tan importante documento celebraremos un acto conmemorativo.
No corredor que leva o Auditorio no primeiro andar faremos unha pegada de carteis con imaxes que reflicten que, malia que a declaración é universal, seguen a faltar algúns deses dereitos humanos para moitos dos nosos semellantes.
No vestíbulo poñerán a música un Ensemble de Clarinetes composto por profesores e alumnos e o Coro Infantil do CMUS “Xoán Montes” que tamén prestarán as súas voces para ler algún dos artigos da declaración.