19 jun 2019



21 de xuño
Día Europeo da Música

Imos pechar o curso 2018-2019 de xeito que vos queden gañas de seguirnos o vindeiro curso e é facendo o que, se cadra, mellor  sabemos facer: música.
Os nosos alumnos de todas as especialidades instrumentais xúntanse por esta data facendo música nunha formación orquestral con pezas variadas para disfrute de todos.
O venres a 19,00 no noso auditorio tedes unha cita, non o esquezades. Vémonos!  

         

1 mar 2019







Temos para conmemorar o día internacional da muller distintas actividades nas que poder disfrutar da efeméride: Concerto da Orquestra de Grao Profesional e un dúo de clarinete e piano formado por Susana García e Virginia Lis, profesoras do centro, a 3ª  Festa da rosa, (flores para todas as mulleres que asistan o concerto), a exposición de cartazes "Mulleres moi nosas: galegas e de Lugo" no primeiro andar e que inclue as súas biografias.... Víde e gozádeo!!!!!!!!!









23 feb 2019

Galicia celebra o Día de Rosalía con alborada e caldo de gloria
A fundación de Padrón anima a todos a conmemorar o día 24
Como bos galegos, a gastronomía e a música non poden faltar na conmemoración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro (data do seu nacemento), polo que a fundación que leva o seu nome en Padrón convidou onte a toda Galicia a preparar o caldo de gloria e a saudar o festexo cunha alborada. Son as dúas propostas principais do programa para o día 24 da Fundación Rosalía de Castro, que deu a coñecer o seu presidente, Anxo Angueira. Xunto a el estiveron a escritora Ledicia Costas, encargada de preparar este ano o caldo de gloria, e Oli Xiráldez e Gustavo Couto, da Asociación de Gaiteiros Galegos, que colabora na alborada global.

Anxo Angueira animou aos galegos a cociñar, por terceiro ano, o caldo de gloria, xa sexa no ámbito público, dende comedores escolares e a hostalaría, ao privado, nas casas de cada un. Lembrou que Rosalía fala desa comida tan galega no poema Miña casiña, meu lar, que relata «a épica invisible doméstica dunha muller» que dá unha lección de como «sobrevivir e mesmo ser feliz a pesar da penuria e as adversidades», dixo. A escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de España no 2015, declarouse «emocionada» por ter a oportunidade de poder preparar o caldo de gloria. Tanto a alborada global como o caldo de gloria celebraranse o día 24, pero este xoves a Casa da Matanza acollerá a plantación na súa horta dun carballo de Gernika, acto ao que asistirá a presidenta das Juntas Generales de Biscaia. O venres, en Padrón, celébrase a segunda Gala Rosaliana, organizada polo Concello en colaboración coa fundación. Onte, Oli Xiráldez e Gustavo Couto interpretaron un anaco da Alborada de Rosalía, unha peza musical con letra da propia poeta, que animaron a dar a todos os músicos, non só aos gaiteiros.





PADRÓN / LA VOZ 19/02/2019 05:00 H

28 ene 2019





30 de xaneiro
Dia Escolar da Non Violencia e a Paz



Celebramos a efeméride con distintas actividades: Podes visitar a exposición de embaixadores en activo da paz da ONU que temos no primeiro andar do centro, podes ler un glosario sobre non violencia paz e bo trato recompilado por Unicef, podes poñer a tua frase ou desexo no taboleiro que temos preparado, e tamén podes asistir o concerto de profesores, alumnos e antigos alumnos.
Non esquezas entrar en YouTube e ver a "Historia de punto" Unicef. Fixo que che vai gustar!