17 oct. 2018


Morre a soprano Montserrat Caballé


A soprano Montserrat  Caballé morreu na madrugada do sábado 6 ós 85 anos no hospital Sant  Pau de Barcelona, onde se atopaba ingresada desde mediados de setembro por un problema de  vesícula, segundo informaron fontes hospitalarias.
Falar de Montserrat  Caballé (Barcelona, 12 de abril de 1933- 6 de outubro de 2018) é falar dunha auténtica lenda. Pola súa milagrosa voz, e tamén pola súa desbordante personalidade, a gran soprano catalá era, probablemente, a última gran diva do canto.

Coa súa morte, desaparece unha voz única, irrepetible, unha das sopranos máis importantes do século XX.
Caballé era esa simpática señora que cantaba “Barcelona” xunto a Freddie Mercury na universal cita olímpica de 1992.
Artisticamente, gañouse sempre o respecto dos grandes directores cos que actuou en teatros e auditorios de todo o mundo e protagonizou memorables gravacións. Falamos de nomes de referencia como  Herbert  von  Karajan,  Georg  Solti, Carlo  Maria  Giulini,  Riccardo  Muti, James  Levine,  Riccardo  Chailly.
A dedicación ao belcantismo e o gran repertorio lírico francés e alemán centraron a súa carreira durante décadas, compartindo escenario con artistas do canto como José Carreiras, Jaime  Aragall, Plácido Domingo, Alfredo  Kraus ou Carlo  Bergonzi.


1 oct. 2018




DE NOVO AQUÍ
Ola a todos/ as De novo convosco para comezar un curso que aínda que agora promete ser longo, antes de que nos deamos conta rematará. Aí vai a fotografía otoñal coa que sempre empezamos acompañada esta vez dun poema do escritor francés Paul Verlaine. Desexarvos bo curso e que todas as actividades que estamos a preparar sexan gratamente dimanizadoras.

“Chanson d’automne”
Les sanglots longs
Des violons
De l’automne
Blessent mon coeur
D’une langueur
Monotone.
Tout suffocant
Et blême, quand
Sonne l’heure,
Je me souviens
Des jours anciens
Et je pleure
                                                                           Et je m’en vais
                                                                          Au vent Qui m’emporte
                                                                           Deçà, delà,
                                                                           Pareil à la
                                                                             Feuille morte.
                                                                                  Paul Verlaine, 1866

                                                                           
Canción de outono
Os saloucos máis fondos
do violín do outono
son igual
que unha ferida na alma
de  congoxas estrañas
sen final.

Tembloroso lembro
esta fuxida do tempo
que se foi.
Evocando o
pasado e os días afastados
chorarei.

Este vento leva
o onte de tebra
que pasou,
unha mala borrasca
que levanta follaxe
como eu.

Paul Verlaine, 1866










26 jun. 2018


21 DE XUÑO  DÍA EUROPEO DA MÚSICA




Como xa vén sendo habitual o Conservatorio Profesional de Música " Xoán Montes" celebrou o pasado xoves 21 de xuño o concerto conmemorativo do Día Europeo da Música.


Para a ocasión a creación dunha orquestra sinfónica na que participan alumnos/ as, profesores/ as, e antigos alumnos/ as do centro, é un logro moi do agrado do público xa que se lle ofrece a posibilidade de escoitar un repertorio diferente ao habitual debido precisamente á versatilidade da formación e que se vai consolidando ano tras ano.





Felicitacións a todos os que dun modo ou outro contribuíron a que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega chegase a realizar todas as actividades do presente curso.

Boas vacacións!









13 may. 2018

                   
                         LETRAS GALEGAS 2018

                        Mª Victoria Moreno Mázquez 
                

Unha vez mais celebramos o día das nosas letras e, ¿ que mellor  presentación que as palabras da homenaxeada este ano ?

…………
Con Cervantes, Federico
e Miguel, o de Orihuela
faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar na lingua galega
             ………

Temos na vidreira do primeiro andar unha exposición sobre Mª Victoria Moreno Márquez, a súa biografía para consultar, unha reseña neste  blogue e unha invitación para que veñades o concerto de música galega do mércores 16 ás 20,00 no Auditorio do Conservatorio. Que mais se pode pedir?. Que veñades!