27 feb 2013

En solfado

 
Dende hoxe está á vosa disposición na sección de Descargas da páxina web do Conservatorio de Música de Ourense o segundo número da revista En solfado.

22 feb 2013

Una tradición olvidada: el cuarteto de cuerda en España (1863-1914)

A idea de poder escoitar boa música con só premer unha tecla do ordenador, de ter a man concertos dabondo como para non saber onde escoller, non ter que desprazarse a un auditorio para gozar da posiblilidade dunha experiencia artística de calidade, a verdade, non deixa de abraiarme. O outro día vin unha noticia no meu Facebook, anunciando este marabilloso concerto que hoxe compartimos convosco. A Fundación Juan March e un exemplo de web interesante e chea de contidos moi proveitosos que, ligada a Radio Nacional  e os seus podcast, é unha porta aberta a conferencias e recitáis celebrados por intelectuáis, conxuntos ou solistas de proxección internacional.
Hoxe escoitaremos un concerto celebrado o pasado día 20, máis interesante, se cabe, por ter no seu programa ao noso Marcial del Adalid, rara avis nas programacións dos auditorios. O Cuarteto Quiroga, que lembra a figura do noso máis salientable violinista, interpretará este programa, e antes teremos o pracer de escoitar unha estupenda disertación sobre o mundo do cuarteto en España polo musicólogo Fernando Delgado.

CUARTETO QUIROGA
    Aitor Hevia, violín
    Cibrán Sierra, violín
    Josep Puchades, viola
    Helena Poggio, violonchelo
Javier Perianes, piano

Españoles y extranjeros: justas ambiciones

Marcial del Adalid (1826-1881)
Cuarteto en Sol mayor

Enrique Granados (1867-1916)
Quinteto con piano en Sol menor Op. 49

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1891)
Concierto para piano y orquesta en La mayor nº 12 KV 414 (versión para quinteto con piano del compositor)


21 feb 2013

Concurso Rosaliano de Composición


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Conservatorio de Vigo, co galo do 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos", convoca un concurso de composición  para alumnado de conservatorios de ata 25 anos de idade.  Pode ver as bases completas do concurso premendo nesta ligazón

I CONCURSO DE COMPOSICIÓN “MANUEL QUIROGA”

O Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga convoca un concurso de composición baixo o nome deste excepcional violinista pontevedrés, con motivo da conmemoración do 150 aniversario da creación do Conservatorio de Pontevedra. O concurso rexerase polas seguintes bases.
Poden concorrer a este concurso todos aqueles alumnos e alumnas que estean matriculados no 6º curso do grao profesional de música, ou en calquera dos cursos de grao superior de música, ou ben que teñan rematado os estudos de grao profesional ou superior, con anterioridade ao 31 de decembro de 2012, en calquera dos conservatorios profesionais ou superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para máis información, visitade a páxina do CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra

Parabéns para Kalandraka

A editorial galega Kalandraka recibiu, o pasado día 19, o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012, de man dos Príncipes de Asturias no Palacio do Pardo.
Trátase da única entidade galega que foi distinguida entre os 60 galardoados neste acto institucional, ao que tamén asistiron o ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, e o secretario de Estado de Cultura, José María Lassalle.
Para o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, este galardón supón "o recoñecemento a unha traxectoria de 15 anos ao servizo dos lectores máis novos", no marco dun proxecto que cualificou de non "didáctico, pero si educativo". E é que, como resaltou, trátase da "primeira vez que unha editorial especializada en literatura infantil e xuvenil recibe este galardón ", o que contribuirá, ao seu xuízo, a darlle "unha maior visibilidade a un xénero que non adoita ter tanta presenza no ámbito da comunicación".
 Dende o noso blogue, a nosos parabéns e tamén unha suxestión de lectura, un precioso libro da editorial.
Almanaque musical” non só está chamado a cativarnos polo oído, pola musicalidade dos versos de Antonio Rubio e polas propostas de escoita que se recomendan nunha listaxe ao final do libro. Concertos para corda de Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven, Mendelssohn, Brahms, Chaikovski, Sibelius, Prokofiev, Alban Berg, Béla Bartok, Boccherini, Haydn, Dvorak. O seu encantamento comeza cos sentidos do tacto e da vista, axiña percibimos na portada a suave textura do fondo sobre o que resaltan as fermosas ilustracións de David Pintor; unha calidez que traspasa ás páxinas interiores, con imaxes que nos transportan no tempo dende a neve do inverno ata vento outonizo, pasando polas chuvias da primavera e o lecer estival.
Desexamos moita vida á nosa editorial e convidamos a todos a gozar dos seus marabillosos libros!

Adeus a Peteiro

A mirada do pintor Jorge Peteiro (A Coruña, 1959) apagouse onte para sempre na súa casa-estudo de Vilar (Sada), onde loitou durante os últimos meses contra un cancro que, a pesar de todo, non lograra arrebatarlle ese vitalismo indómito que derramou durante décadas na súa pintura.
Peteiro iniciou a súa andaina creativa na súa cidade, nos inquedos anos setenta, deambulando entre o teatro independente, os fanzines e os seus primeiros murais urbanos.

Compaxinou durante eses primeiros anos a arte coa docencia, que exerceu en varios institutos galegos, de Ortigueira a Cambados, ata que en 1990 deixou as lousas e trasladouse a Nova York, onde a súa carreira cobrou un xiro esencial. Era a perspectiva que necesitaba para regresar a Galicia, ás súas bártulos e aos seus lenzos. A Peteiro había que velo así, en plena faena, entre os seus botes e os seus pinceis. No baixo case clandestino que tiña en Calvo Sotelo, na Coruña, recluído entre os seus cacharros e cunha broma sempre lista nos beizos para restar pompa ao misterio da arte, que para el consistía, en prata, en traballar e xogar, no sentido máis nobre desta devaluada palabra.  
Esa mirada lúdica e felizmente inxenua bañou toda a súa obra. Colorista e luminoso, o seu estilo persoal e intransferible lese en todas as súas creacións: pinturas, murais, esculturas e gravados, entre as que se poden destacar obras xa icónicas como o peixe que recibe ao visitante no exterior do Aquarium Finisterrae da Coruña, a peza de gran formato que loce na residencia do presidente da Xunta en Monte Pío ou o cadro que aluma o sorriso dos pacientes no vestíbulo da unidade de Cardioloxía do Chuac.
 Entre os seus máis de trinta exposicións individuais sobresaen a mostra de obras de gran formato que exhibiu en 1998 na estrañada Estación Marítima coruñesa ou a que no 2000 dedicoulle a Casa dá Parra de Santiago ao fío da capitalidade cultural europea de Compostela.
( Extracto do artigo da La Voz de Galicia, 21 de Febreiro 2013)


20 feb 2013

Rosalía. 150 anos de Cantares

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos están a organizar para o 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento) a Alborada para Rosalía de Castro, para o que fan un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra.





 Sobre a peza musical denominada
Alborada de Rosalía de Castro
Ao final de Cantares gallegos, Rosalía sitúa un poema que titula Alborada. Se no 
resto do libro son os versos dos cantares populares os que dan pé á escritora para 
crear os diferentes poemas, neste caso a autora segue o procedemento inverso, 
compón unha letra para unha música. Así o deixa por escrito nunha nota ao pé de 
páxina:
"A mais grande dificultade qu'achey prá escribir esta alborada foy o meu deseyo de 
que sahise nún todo arregrada á música..."

Das alboradas que os gaiteiros tocan para espertar aos veciños nos días de festa, 
Rosalía pasa a querer espertar a conciencia da "toleirona mocidád". É a mesma 
chamada a espertar do "sono" que xa estaba no poeta Añón e que despois de Rosalía 
quedará gravada para sempre no Himno de Pondal.
Paralelamente á sona do libro dos Cantares e ao proceso de mitificación da súa 
autora, foi medrando primeiro a curiosidade, logo o interese e despois xa a necesidade 
imperiosa de coñecer aquela música que inspirara a Rosalía, para poder cantar a súa 
Alborada. É un proceso que vai de par do desenvolvemento dos coros galegos de 
Perfecto Feijoo e da erudición folclórica de Casto Sampedro. Os dous pontevedreses 
embárcanse na busca da fonte limpa daquela peza e mesmo en dúas ocasións, 
Alexandra Murguía de Castro, a filla máis vella de Rosalía, canta para eles. Foi en 
1912 e 1913, canto que trascribiu Isidro Puga.
Feijoo publicou por primeira vez unha versión para canto na Revista Mondariz, 
número 38, en 1920. Casto Sampedro comezou entón unha polémica que continuou 
varios anos, enfrentando ao rigoroso erudito co entusiasta activista. As versións non 
acababan de cadrar e a letra non se acomodaba tan ben como debera á música que 
trascribían. E volveron ás terras de Iria e daquela cantaron Xosé Hermida de Castro, 
parente de Rosalía, o seu curmán Xosé Diéguez e mesmo buscaron ao gaiteiro 
Gregorio Eiras, que tocaba a alborada que aprendera do seu pai , o tamén gaiteiro de 
Lestrove, Clemente Eiras, posible fonte de Rosalía. Nesta ocasión foi o organista de 
Iria, Alfonso Cardama, o trascritor da música. Outro crego dominico, José Sánchez 
aínda achegou outra versión, segundo o canto de Xosé Diéguez.
Nunca se chegou a un acordo sobre cal era a verdadeira Alborada que cantaba Rosalía 
de Castro. Non podía ser doutro xeito, estaban a tratar coa materia da que están feitos 
os soños. Entraran no territorio do mito e aí todas as versións son verdadeiras.
Todo isto e moito máis cóntao Filgueira Valverde nun fermoso artigo publicado en El 
Museo de Pontevedra, vol. XVI, 1962, pp. 54-62.
En 1920, os de Soutelo gravan unha ducia de pezas entre as que inclúen un arranxo 
para gaita da Alborada de Rosalía de Castro, segundo Santos Rodríguez Gómez. 
Velaquí a versión canonizada por Avelino Cachafeiro e os seus irmáns. O histórico 
disco será a fonte onde beberán moitos gaiteiros posteriores como Ricardo Portela ou 
mesmo Xosé Ferreirós que cos Faíscas do Xiabre rende tributo aos de Soutelo no seu 
primeiro disco.

( Texto tomado do artigo publicado na Fundación Rosalía de Castro )


16 feb 2013

Cine de balde en tempos de crise


Bravo pola  iniciativa do Departamento de Vento Madeira e bravo polo blogue da Orquestra de Frautas de Galicia que da conta de boas ideas coma esta, e que ben merecen ser dinamizadas.

Animamos dende aquí a toda a comunidade educativa a participar e gozar destas proxeccións, que de certo achegaránnos máis ao coñecemento da historia dos instrumentos, á técnica dos intérpretes e, en xeral, á nosa formación musical e cultural

 







15 feb 2013

Galicia en Chile


Magoa que sexa un pouco tarde para coller un avión cara a Chile... de tódolos xeitos, é posible que as entradas estean esgotadas, xa que mañá a noite, a nosa música, a carón de Granados e Puccini, engaiolará aos chilenos no fermoso Teatro del Lago de Frutillar.
A marabillosa interpretación da soprano Cristina Gallardo-Dômas levará a nosa lingua e o noso sentir lonxe, grazas á música persoal e sempre poética dun dos mais salientables compositores galegos no marco actual, Juan Durán (Vigo, 1960).
Dende este pequeno recuncho da rede non podemos nin queremos esquecer esta oportunidade, digna, por suposto, de recoñecemento, e desexarlles o éxito que, sen dúbida, terán.
Aquí pódese consultar o programa do concerto



14 feb 2013

Novo director musical da OSG




Non é descoñecido para a formación, porque xa dirixiu a Orquestra Sinfónica de Galicia o pasado mes de novembro. O novo director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia é o ruso Dima Slobodeniouk. Chega para substituír a Vïctor Pablo Pérez, que levaba vinte anos no cargo. Apostar pola renovación do repertorio e a captación de novos públicos é o reto que lle encomedaron co obxectivo de consolidar a traxectoria da OSG.  Non será ata setembro cando exerza de forma real o posto que ocupará ata 2016.






Nado en Rusia, onde estudou violía ata 1989 trasladouse pronto a Finlandia onde continuou a súa formación no Conservatorio e na Academia Sibelius de Helsinki. Na súa traxectoria profesional destaca o seu traballo como director da Sinfónica de Oulu. Ten dirixido a outras formacións como Orchestra della Svizzera Italiana de Lugano, as Sinfónicas de Birmingham e de Cincinnati. Para a prensa especializada é un dos directores máis destacados da súa xeración e destaca o seu traballo de colaboración cos compositores contemporáneos. 



10 feb 2013

As Nosas Letras



Como non podería ser doutro xeito nun centro de ensino, nos tamén nos estamos a preparar para o día das Letras Galegas lembrando a figura de Vidal Bolaño nunha das nosas páxinas.



O nariz vermello e o chapeu non é cousa do entroido, que é a imaxe mais característica do noso dramaturgo; que tamén, dende a súa obra, se achegou ao mundo da música a súa maneira: cos comediantes, os feirantes, os cómicos. Será un pracer para o noso equipo achegarvos información e tamén ligazóns onde atopar noticias, bibliografía, actividades ou eventos adicados ás Letras Galegas deste ano 2013 que homenaxea a figura imprescindible de Roberto Vidal Bolaño.





Botade unha ollada aos carteis dos homenaxeados dende Rosalía no 63.


4 feb 2013

... e a prensa fíxose eco da nosa Paz



Velaquí o comentario no diario El Progreso co galo do Día Escolar da non Violencia e da Paz celebrado no Conservatorio.
Foi unha ledicia gozar de tan numeroso público, xeneroso e entusiasta, que recibiu a proposta do programa con moita satisfacción e aplausos.
Os membros do EDLG aproveitamos dende este curruncho da rede para agradecer a todos a vosa asistencia, desexando poder convidarvos asiña noutra ditosa e musical oportunidade.