14 feb 2013

Novo director musical da OSG




Non é descoñecido para a formación, porque xa dirixiu a Orquestra Sinfónica de Galicia o pasado mes de novembro. O novo director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia é o ruso Dima Slobodeniouk. Chega para substituír a Vïctor Pablo Pérez, que levaba vinte anos no cargo. Apostar pola renovación do repertorio e a captación de novos públicos é o reto que lle encomedaron co obxectivo de consolidar a traxectoria da OSG.  Non será ata setembro cando exerza de forma real o posto que ocupará ata 2016.






Nado en Rusia, onde estudou violía ata 1989 trasladouse pronto a Finlandia onde continuou a súa formación no Conservatorio e na Academia Sibelius de Helsinki. Na súa traxectoria profesional destaca o seu traballo como director da Sinfónica de Oulu. Ten dirixido a outras formacións como Orchestra della Svizzera Italiana de Lugano, as Sinfónicas de Birmingham e de Cincinnati. Para a prensa especializada é un dos directores máis destacados da súa xeración e destaca o seu traballo de colaboración cos compositores contemporáneos. 



No hay comentarios: