15 feb 2013

Galicia en Chile


Magoa que sexa un pouco tarde para coller un avión cara a Chile... de tódolos xeitos, é posible que as entradas estean esgotadas, xa que mañá a noite, a nosa música, a carón de Granados e Puccini, engaiolará aos chilenos no fermoso Teatro del Lago de Frutillar.
A marabillosa interpretación da soprano Cristina Gallardo-Dômas levará a nosa lingua e o noso sentir lonxe, grazas á música persoal e sempre poética dun dos mais salientables compositores galegos no marco actual, Juan Durán (Vigo, 1960).
Dende este pequeno recuncho da rede non podemos nin queremos esquecer esta oportunidade, digna, por suposto, de recoñecemento, e desexarlles o éxito que, sen dúbida, terán.
Aquí pódese consultar o programa do concerto



No hay comentarios: