Trátase da única entidade galega que foi distinguida entre os 60 galardoados neste acto institucional, ao que tamén asistiron o ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, e o secretario de Estado de Cultura, José María Lassalle.


“Almanaque musical” non só está chamado a cativarnos polo oído, pola musicalidade dos versos de Antonio Rubio e polas propostas de escoita que se recomendan nunha listaxe ao final do libro. Concertos para corda de Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven, Mendelssohn, Brahms, Chaikovski, Sibelius, Prokofiev, Alban Berg, Béla Bartok, Boccherini, Haydn, Dvorak. O seu encantamento comeza cos sentidos do tacto e da vista, axiña percibimos na portada a suave textura do fondo sobre o que resaltan as fermosas ilustracións de David Pintor; unha calidez que traspasa ás páxinas interiores, con imaxes que nos transportan no tempo dende a neve do inverno ata vento outonizo, pasando polas chuvias da primavera e o lecer estival.
Desexamos moita vida á nosa editorial e convidamos a todos a gozar dos seus marabillosos libros!
No hay comentarios:
Publicar un comentario