Xoán Montes

PEQUENA RECENSIÓN AREDOR DUN GRAN COMPOSITOR:
XOÁN HERMENEGILDO MONTES CAPÓN 

Cronoloxía 
- 1840: Nacemento o 13 de Abril 
- 1850: Ingreso no seminario 1853: Prepara e dirixe un coro de compañeiros seminaristas para a liturxia mariana do mes de maio. 
- 1857: Primeiras obras datadas. 
- 1862: Presenta instancia para a praza de organista da catedral de Mondoñedo pero non se presenta a proba. 
- 1863: Deixa o seminario para dedicarse exclusivamente á música. É pianista por breve tempo no Círculo das Artes. 
- 1876: A petición do Concello crea a Banda Municipal de Música do que é director. Asociada a banda está a Escola Municipal de Música. 
- 1878: É nomeado organista primeiro da Catedral. Tamén cofunda e dirixe a Estudiantina Lucense. 1879: Creación do Orfeón Lucense ó que se lle cambiará o nome por Orfeón Gallego, do que é nomeado director. 
- 1886: É nomeado Cabaleiro da Orde de Isabél a Católica pola raiña rexente dona Mª Cristina. (Rexeítao) 
- 1887: “Te Deum” a catro voces e grande orquestra, premiado no Certame do Escorial 1888: “Alborada Galega”, para banda civil, primeiro premio dos Xogos Florais de Vigo. 
- 1890: “Plegaria” para orfeón, “Balada” para canto y piano e “Sonata” para cuarteto de corda, tripla de primeiros premios no Certame da Coruña. 
- 1891: ”Pasodobre” para banda e “Melodía” para voz e piano, dous primeiros premios no Certame Musical de Vigo. 
- 1892 “Misa” para voces, órgano e instrumentos de corda, segundo premio en Valencia co gallo do primeiro Congreso Eucarístico Español. Dous primeiros premios no Certame Literario Cientifíco e Musical de Pontevedra para dúas romanzas. Outro doble premio para “Barcarola” e “Himno” no Certame Rexional de León. “Fantasia a gran orquestra” Primeiro Premio: Medalla de Ouro e cen pesos do ouro, no certame conmemorativo do IV centenario do descubrimento de América convocado pola sociedade galega da Habana “Aires da miña terra”. 
- 1897 “Cuarteto” para corda Premio de Honra e ”Misa” (adicada o apóstolo Santiago) segundo premio, creado especialmente polo xurado, do Certame Musical do Ateneo León XIII de Santiago de Compostela. 
- 1899 de madrugada falece o dia do seu santo. 

 Motor cultural da cidade: 
As inquietudes de tipo formativo lévanno a fornecer o seu traballo como compositor coa creación dos elementos necesarios para facer realidade sonora o que contén o papel pautado: Schola Cantorum, Sexteto, Orfeón, Banda, Estudiantina… 

Un traballador infatigable: 
Sempre ao pé do canón compoñendo obras relixiosas arreo para os oficios da Catedral, para os eventos propios do cargo de director da banda e máis a coral, para concursos e certames, adaptacións e transcripcións para as actividades de salón ou festivas no Círculo das Artes, ensaios como instrumentista do seu Sexteto e por riba as numerosas clases particulares que daba na súa casa. 

A obra: 
No seu legado musical teríamos que facer unha consideración importante, por unha banda está a música impresa a por outra a manuscrita. No que atinxe a impresa, (a que no seu momento foi editada, xa que con posterioridade sairon da imprenta máis), abonda con decir que son 4 obras de música relixiosa e 15 de música profana.
 A música relixiosa manuscrita coñecida abrangue mais de 200 obras entre Misas, Antífonas, Himnos, Oficios de Difuntos, Plegarias, Gozos, Letrillas, Vilancicos, Salmos, Stabat Mater e pezas para a liturxía de dificil clasificación.
 A música profana manuscrita coñecida con máis de 50 obras entre valses, polcas, bailables, muiñeiras, mazurcas, danzas, quadrillas, un cuarteto de arco, marchas, sonata, pasodobles, alboradas, nocturnos, scherzos….
 Obra “olvidada” ???. A obra manuscrita, que ven sendo a meirande parte da súa música durme o “doce sono” e fica en algures na espera de que alguén cubra a débeda que temos co Mestre. A Biblioteca Provincial, o Seminario, e a Catedral de Lugo son as illas onde buscar os tesouros esquecidos. Cecais o Convento das Clarisas en Monforte de Lemos e o das Agustinas de Lugo agochen algunha perla tamén. 

Obra dual: Montes versus Montes 
- Sonata Gallega Descriptiva. Versión de cuarteto de corda (dous violíns, viola e violonchelo)
- Sonata Gallega Descriptiva. Versión de orquestra (coro mixto ad libitum) e orquestra
- Sonata Gallega Descriptiva. Versión de piano
- Rapsodia Gallega cuarteto de corda (dous violíns, viola e violonchelo) 
- Rapsodia Gallega harmonio (piano ou órgano)
- Rapsodia Gallega. Versión de banda 
- Melodía galega (Balada) “Doce sono” para orfeón. 
- Balada “Doce sono” para piano solo. 
- “Doce sono” para canto y piano 
- Fantasía para grande orquestra.
- Fantasía para banda (arranxo para a banda de Infanteria de Marina do que é director o seu amigo Eduardo Arana) 

O folclore a esencia da súa música profana: 
Profundo coñecedor da música popular, (cabe recordar un manuscrito seu cunha recolleita de cantos populares), o latexo folclorico das súas composicións é rexo e forte nos parámetros do Rexurdimento, sen afectación nin folclorismo pintoresco, plasmando o sentir galego, a alma eterna de Galicia, coa delicadeza e a melancólica dozura dun home bo.

Un lugar no corazón: A súa morte os catedráticos Ramón Brañas e Salvador Cabeza de León, fundadores da Liga Gallega de Santiago de Compostela, envían un escrito a directiva do Círculo das Artes suxeríndolle a construción dun monumento para honrar ó músico. E, por suscripción popular, que en 1904 fáise realidade en forma de busto, colócase na praza de santo Domingo entre a casa de Montes e o Convento das Agustinas. O seu emprazamento actual, no xardín de San Roque, non se corresponde con unha figura senlleira coma a súa. 
Un lugar no corazón dos lucenses, que debemos recordalo e honralo como merece, non só por todo o que nos deu, levando o nome de Lugo na súa traxectoria musical polo mundo, senón polo que supuxo na historia da música galega. 
Outros espazos que honran a súa memoria son a rúa sita entre a da Raiña e a do Progreso no corazón da cidade, o Instituto sito na rúa Montevideo e o Conservatorio Profesional de Música. 

 A súa pegada pola pel da cidade amurallada: 
- Catedral
- Igrexa de Sto. Domingos 
- Igrexa de San Francisco
- Círculo das Artes 
- Casino de Caballeros 
- Café Mendez Nuñez 
- Café Español 
- Teatro Principal


XOÁN MONTES CAPÓN (1840-1899) é o autor da balada máis universal nacida da inspiración dun músico galego: Negra sombra. Esa pequena obra, inicialmente escrita para piano, abonda para universalizar o seu nome. Pero o labor de Montes como compositor non se abarca fácilmente senón que  esténdese a pezas de cámara e sinfónicas, motetes, misas e páxinas para bandas  e corais.

No hay comentarios: