1 oct 2012

Estamos no dia 1 de curso e temos moito que facer nesta nova etapa. As novas teñen que estar o día, xa que logo non serian novas, e a eso nos comprometemos dende xa.
A nosa intención e tervos informados/as de todo o que sexa propio do noso Equipo sin esquecer  todo canto ocurra o noso redor relacionado coa cultura galega en especial coa Música.
Saudos dinamizadores¡

1 comentario:

Loida dijo...

Xa que todos estamos desexando comezar este Outono con lingua dinamizadora e novas, eu tamén vos achego unha nova que onte escoitei na Radio Galega. Xa está o Buscatermos ao alcance de todos.
O bUSCatermos é unha base de datos terminolóxica en liña da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Compila información sobre máis de 150.000 conceptos das áreas especializadas máis diversas (ciencias da saúde, dereito, botánica, zooloxía, educación, historia, xeografía...). Para cada un deses conceptos recóllense as denominacións máis habituais en galego e, case sempre, tamén as empregadas nas linguas do noso contorno (fundamentalmente, castelán, inglés e portugués). A suma de todas estas formas lingüísticas supera as 450.000, o que converte bUSCatermos no recurso lexicográfico máis amplo existente para a lingua galega. Ademais, en cada entrada dáse información sobre a área temática a que pertence cada concepto, a definición e as fontes en que se documenta toda a información recollida.
Ata o momento, bUSCatermos funcionaba en pechado para os usuarios da universidade compostelá, pero un convenio entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a USC permite agora abrila gratuitamente a toda a cidadanía, co que se responde á demanda de moitos internautas que amosaran o seu interese por esta ferramenta.

bUSCatermos pode ser útil para calquera persoa que busque mellorar a calidade lingüística dos seus textos en galego e mesmo noutras linguas. Endebén, a súa utilidade é especialmente significativa para tres colectivos:

Os docentes das diversas disciplinas
Os profesionais da mediación lingüística (tradutores, correctores, técnicos de normalización lingüística...)
Os profesionais da comunicación (xornalistas, guionistas, redactores especializados...)

Isto, como non podería ser doutro xeito, está copiado da propia páxina da Xunta, alí podedes coñecer mellor como facer as buscas e toda a información mais polo miúdo.

http://www.xunta.es/linguagalega/buscatermos

ata outra, saúdos!