4 nov 2013

Xa voltamos


Despois do longo silencio do verán voltamos o noso xardín que con amoroso recendo nos recibe. Dadas  as mil e unha  voltas e reviravoltas que trae o comenzo das clases, Euterpe sae o noso encontro coas súas mellores galas axexando silandeira para sorprendernos coas novidades que imaxinou no veran.
Sementaremos o noso xardín a man chea de ofertas culturais, concertos, exposicións, concursos, termos musicais e todo tipo de eventos que teñan a nosa língua como eixo central.
Na nosa ausencia, como por encanto ou xeración espontánea, floreceu unha fermosa especie vencellada o  nome do noso centro. Dende o mes de Agosto o conservatorio ten nome de seu: Conservatorio Profesional de Música “Xoán Montes” de Lugo.

Temos xa que logo, un bo “leit motiv” para neste curso acercarnos o coñecemento da obra do sobranceiro compositor don  Xoán Montes Capón, insigne lucense e galego de pro, e seguindo o seu ronsel cultivar e amar o noso a través da Música.

No hay comentarios: