10 mar 2014

Música no día das mulleres

Este luns día 10 as 20h no Auditorio do Conservatorio, faremos o concerto que conmemora o Día Internacional da Muller. Un grupo de profesores e profesoras poñerá a música que vai de J.S.Bach a Schumann, pasando por Donizetti, Bellini, Mahler, e Richard Strausss.
Na vidreira do corredor do primeiro andar de camiño o  auditorio podedes visitar unha exposición de carteis que baixo o lema "A unión fai a forza" presentamos oito grupos de mulleres pioneiras na loita por un lugar no mundo que vai dende das monxas do mosteiro de Ramirans as abadesas de Sobrado de Trives pasando polas mulleres das Encrobas ata as intelectuais do Seminario de Estudos  Galegos, que coa súa unión fixeron posible acadar cotas de poder impensables, foron quén que defender a terra que cultivaban ou a desenvolver as súas capacidades intelectuais nun mundo no que o papel da muller era moi limitado fora do ambito familiar.
Unha pequena guia explica as circunstancias de cada un dos grupos que forman a exposición.


No hay comentarios: