15 may 2014


Dazasete de Maio

Xa falta moi pouco para a celebración do concerto conmemorativo das nosas letras, este ano adicado  o poeta Xosé Maria Díaz Castro, e que sinala o remate das actividades que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CMUS "Xoán Montes", realiza o longo do curso escolar.
No corredor do primero andar temos unha escolma de 17 frases sobre o galego que nos deixaron os nosos devanceiros dende Rosalía ata Novoneira, pasando por Curros, Murguia, Vilar Ponte,  Castelao, Cunqueiro e que, con toda seguridade,  daránnos que pensar.
O mércores 21 as 20h faremos o xa clásico concerto de música galega con obras de compositores da terra, Montes, C. Berea, Juan Durán,  coa participación do Coro e a Banda de Grao Elemental e varios profesores a alumnos de piano.
Todo esta preparado para festexar  xuntos as Letras Galegas!
ESPERÁMOSVOS.!!!


 

No hay comentarios: