10 may 2015

dazasete de maio






LETRASGALEGASLETRASGALEGASLETRASGALEGASLETRASGALEGASLETRASGALEGASLETRAS







Celebramos o día das nosas letras, adiacado este ano o profesor Filgueira Valverde, con un concierto da nosa música, dos nosos compositores, e dos nosos músicos, (ós nosos  profesores e os nosos alumnos) e o noso público que sodes vos. ESPERÁMOSVOS! NON FALTEDES!!




Nado en Pontevedra en 1906 e finado na mesma cidade en 1996, Xosé Fernando Filgueira Valverde foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, xa na democracia, conselleiro de Cultura.

Escritor prolífico e dotado dunha grande erudición, a súa inxente produción abrangue unha ampla diversidade de temas, tratados sempre con gran rigor intelectual, entre os que salientan as súas achegas á nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval. Firmemente comprometido na defensa e promoción da nosa cultura, o legado intelectual de Filgueira Valverde constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do século XX.


---------------------------------------

O CANGUEIRO
Chamábanlle o Cangueiro porque facía xugos repenicados e finos
para vender na feira de San Marcos. Pasou a súa vida degoirando
ter bois de seu. Encomenzou a facerlles o mellor xugo de cantos
saíran das súas mans. Tiña un Cristo no medio e medio, moi
pintadiño, e dous anxos nos lados. Canga como ela nunca se vira.
Logo foi achegando cartos para a xugada. Pero nunca chegou a
velos xuntos. Sempre lle faltaba un pouco, e pensaba:
-Se eu vendese o meu xugo, tiña xa diñeiro cumprido para mercar
os bois.
Aquel xugo ben tallado era máis seu que o anceio dos bois... E
morreu sen mercalos.
«QUINTANA VIVA» de XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

LETRAS GALEGAS 2015












19 abr 2015

Preparando o día das nosas letras

SEIS CANCIONES DEL MAR IN MODO ANTICO

1
Porque non seca a morte a fonte das cantigas
eu vos chamo, segreles, que veñades cantar
onde os verdes loureiros gardan vellas ermidas,
cabo das sabias ondas sulcadas do luar,
das insuas da ribeira nun antigo lugar,
¡San Cremenço do mar!
Porque non tolla o frío o albre dos cantares
eu vos digo, rapazas, que vaiades bailar
onde os gayos loureiros quecen fríos fogares,
cabo das tolas ondas, cando o sol vai raiar,
das insuas da ribeira no máis ledo lugar,
¡San Cremenço do mar!

2
Un loureiro esguío
i-un cantar antigo,
no Santo do Mar.
Un loureiro illado
i-un cantar lonxano,
no Santo do Mar.
Un cantar antigo,
por amor amigo,
no Santo do Mar.
Un cantar lonxano
por amor amado
no Santo do Mar.
Por amor amigo,
das ondas traído
ó Santo do Mar.
Por amor amado,
das ondas levado
ó Santo do Mar.
Das ondas traído,
co loureiro esguío
do Santo do Mar.
Dos ventos levado,
co loureiro illado
do Santo do Mar.


3
Furnas da dura costeira
si tedes a vos primeira,
ese cantar
querédesmo ben mostrar?
Furnas do alto penedo,
si sabés a vos que eu quero,
ese dizer
eu quixera deprender.
Si tedes a vos primeira,
feita sabor da ribeira,
ese cantar
querédesmo ben gardar?
Si sabés a vos que eu quero,
feita do mar e do ceo,
ese dizer
eu viñera por saber.
Feito sabor da ribeira,
furnas da dura costeira,
ese cantar
non m´o querades negar!
Feito de vento delgado,
furnas do penedo alto,
ese dizer
non o deixedes perder!

4
Bailemos, ai ledas,
raiar de San Johán,
so ramos d´estrelas,
nas portas do vran.
Bailemos, doncelas,
na crara mañán.
nas portas do vran,
cantar de quincelas.
Bailemos, ai ledas,
raiar de San Johán.
cantar de quincelas,
fogueiras no chan.
Bailemos, doncelas,
na crara mañán.

5
Da ribeira do río
vin chegar un navío,
ai amor,
que me trouxo o sino.
Da ribeira do alto,
vin entrar o trincado,
ai amor,
que me trouxo o fado.
Vin saír o navío
e chegar o desvío,
ai amor,
a levar amigo.
Vin marchar o trincado
i-entrar o desengano,
ai amor,
a roubar amado.
Para longo desvío
non ei mar nin navío,
nin amor,
nin sabor do río.
Para logo desengano,
nin auga, nin trincado,
nin amor,
nin sabor do alto!

6
Nosa Señora da Barca
eu ben a vin no sol posto;
ten unha rosa na man,
outra na mazán do rostro.
Nosa Señora da Barca
eu ben a vin no sol novo;
ten unha estrela no mar,
outra dormida no colo.
Ten unha rosa na man,
outra na mazán do rostro.
Nosa Señora da Barca,
vinde vela no sol posto!
Ten unha estrela no mar
outra dormida no colo,
Nosa Señora da Barca,

vinde vela no sol novo!

Xosé F. Folgueira Valverde









15 abr 2015

A Xunta crea a Libraría Institucional de Galicia, un servizo público de acceso a todas as publicacións do goberno galego 

Trátase dunha plataforma electrónica na que estará dispoñible o fondo editorial da Administración autonómica en todos os formatos 


Dunha maneira áxil, sinxela e directa, calquera cidadán poderá consultar os contidos e servizos a través do enderezo https://libraria.xunta.es 

9 abr 2015

Sempre Montes

O vindeiro luns día 13 celebramos o cumpleanos do mestre con un acto institucional entre Concello, os equipos directivos, profesores e alumnos dos dous conservatorios Música e Danza en fraternal unión, e que consiste en poñer nome o xardín que temos diante dos centros, agora sen nome, e que de aquí en diante chamaráse Praza dos Conservatorios Haberá música, danza, algún que outro discurso, pero sobre todo a memoria viva de quen levamos, con moita honra o nome o gran músico lucense Xoán Hermenegildo Montes Capón. Quedades convocados.VIDE¡