13 may 2013

Inaugurando a semana das Nosas Letras


Para os que sempre traballamos con sons, é unha honra compartir con vós, inaugurando esta semana das Nosas Letras, este fermoso vídeo no que o Galego é protagonista aínda que sexa en silencio.
A nosa fala pódese dinamizar de moitos xeitos, coa lingua, pero tamén coas mans.
O verdadeiramente importante para facelo é QUERER FACELO!
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CMUS de Lugo, coordinado pola nosa compañeira Carmen, e máis os colaboradores, convidámosvos a todos, galegos ou non, a gozar e esparexar polo mundo unha fala tan fermosa.


No hay comentarios: