18 nov 2015

Cecilia/Icía, historia ou lenda?





Historia ou lenda?
Cecilia, viviu no século III, pero todos os seus datos coñécense a través das actas do martirio divulgadas séculos máis tarde, que contan que esta ilustre doncela romana foi prometida polos seus pais a un xove cabaleiro de nome Valeriano. Tras unha vida comprometida cos máis necesitados, foi martirizada por defender a súa fé.
Segundo o profesor  de Historia da Música Jesús Ignacio Pérez Perazzo propón a idea de que, o feito máis probable para que se lle relacione coa música é, porque desde moi nova e de acordo cos costumes e tradicións das familias patricias romanas, Cecilia debeu iniciarse e tocar algún instrumento musical, probablemente a lira, a cítara ou algún tipo de arpa das utilizadas polas damas da sociedade romana.
Cecilia segundo se di, foi martirizada e sobreviviu milagrosamente a varios actos atroces. Os pagáns romanos tentaron afogala, fervela e mesmo decapitala pero non conseguiron terminar coa súa vida. A tradición católica sitúa a súa morte o 22 de novembro do 230, tres días despois de sufrir o martirio.
O corpo de Cecilia foi enterrado xunto á cripta pontificia da catacumba do papa Calixto I na vía Apia romana, por orde do papa Urbano I.

No século V construíuse unha basílica para renderlle culto no barrio do Trastévere. Alí trasladaría tres séculos despois o papa Pascual I o seu corpo e o seu marido, o seu cuñado e o soldado Máximo. A finais do século XVI restaurouse a igrexa en honra á xa santa. O mesmo ano da súa restauración, en 1599, o escultor Maderna puido ver o corpo da santa para inspirarse na creación da súa famosa estatua xacente. Unha réplica da fermosa escultura colocouse tamén no sepulcro orixinal das catacumbas de San Calixto.
Pasaron máis de mil anos para que Cecilia fose proclamada patroa da música. No ano 1594 o papa Gregorio XIII canonizouna e deulle oficialmente o nomeamento, por «demostrar unha atracción irresistible cara aos acordes melodiosos dos instrumentos. O seu espírito sensible e apaixonado por esta arte converteu así o seu nome en símbolo da música».
A través dos séculos, a figura de Cecilia permaneceu venerada pola Humanidade con ese padroado. 
En 1584 foi elixida patroa da Academia de Música de Roma, despois do cal a súa veneración como patroa da música da igrexa xeralizouse universalmente; desde esa data, corais, orquestras, bandas e cantantes festéxana no seu dia.
Dende o século XVII en Francia, Italia e Alemaña celebrábase o seu día con festivais musicais. En 1683, a Sociedade Musical de Londres estableceu os festivais anuais do «Día de Santa Cecilia», onde ata hoxe participan os máis grandes compositores e poetas británicos.
A Santa Cecilia adóitana representar tocando o órgano ou algún outro instrumento musical como violoncelos, violas ou violíns...Adoita ter a mirada cara arriba, co que nos está lembrando que a súa música elévase , é dicir, que pretende que sexa un encomio a Deus.
As primeiras imaxes represéntana cunha palma na man (símbolo de todos os mártires), pero xa desde o século XIV foille asociado un órgano portátil vinculandoa así coa Música e os instrumentos musicais.
Desde entón foi habitual representala coa faciana arrebatada, é dicir, cunha actitude de concentración e "escoita" das harmonías celestiais. É coma se os anxos ou o mismísimo Deus lle ditáse o que ten que tocar. Por iso nas súas imaxes, santa Cecilia nunca mira partituras (que representan a música terreal): ela está absorta na audición interior da música "celestial". 



Composicións adicadas a santa Cecilia
"Ode for St Cecilia´s day" de Georg Friedrich Händel,HWV 76.
Himno a santa Cecilia, de Benjamin Britten e letra de Wystan Hugh Auden,
Un himno a santa Cecilia de Herbert Howells,
Misa a santa Cecilia, de Alessandro Scarlatti,
Messe Solennelle de Sainte Cécile, de Charles Gounod,
Hymne à Sainte Cécile, de Charles Gounod,
Hail, bright Cecilia!, Rise, rise the voice, Welcome to all the pleasures de Henry Purcell.
Cantata para Santa Cecilia, para solistas, coro, coro de nenos e orquestra de cámara por Frederik Magle (1998)
Cecilia, vergine romana Arvo Pärt para coro mixto e orquestra (2000).
Himno Pregaria a Santa Cecilia, composto por Salvador Giner Vidal, do que existe unha versión orquestrada de José María Cervera Lloret para coro mixto e orquestra.

















No hay comentarios: