28 nov 2015

LOITO NAS LETRAS GALEGAS



O venres 27 de novembro, morreu o escritor en lingua galega Xosé Neira Vilas o autor dun dos libros máis significativos da literatura da nosa lingua: Memorias dun neno labrego.
Nacido en Gres (Pontevedra) o 2 de novembro de 1928, Xosé Neira Vilas emigrou a Arxentina con vinte e un anos. En Buenos Aires alternou o traballo co estudo de forma autodidacta, vinculándose ademais aos centros de emigrantes galegos: nun deles coñeceu a Anisia Miranda, escritora cubana descendente de galegos, con quen casou e por quen afrontou unha nova emigración, esta vez á illa natal dela.
A pobreza dos seus anos de infancia e mocidade, así como o desarraigamento da súa época adulta, marcaron a escritura de Xosé Neira Vilas, achegándoa ao realismo social. 

A súa obra Memorias dun neno labrego (1961) é ou libro máis lido dá historia dá literatura galega na que conta a historia do neno Balbino, que debe abandonar a súa aldea no corazón de Galicia Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten ou mundo rural e a emigración. 
Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.
As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio, A muller de ferro e Querido Tomás (cuxa adaptación teatral estrearase durante o próximo mes de xaneiro).

Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar, Nai e Pan. O mundo dá emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contos Historias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.
Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo, Ocabaliño de buxo, A marela Taravela, Contos lanuxes pra rapaces novos e Chegan forasteiros.
En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda.

A súa obra abrangue poesia, libros de  lembranzas, ensaio, investigación, tradución ó galego de libros, entre outos, de Alejo Carpentier, José Martín, Fidel Castro, Ho Chi Minh … 

Tanto Xosé Neira Vilas, como a súa esposa, que morreu fai seis anos, regresaron a España en 1992. Ambos se instalaron en Gres, onde impulsaron a Fundación Neira Vilas, centrada na difusión da literatura en galego, e que convoca, entre outras actividades,  o Premio Arume de Poesía para Nenos. O escritor converteuse nunha referencia fundamental do panorama literario en galego: membro numerario da Real Academia Galega, doutor honoris causa pola universidades da Coruña e A Habana, Premio da Crítica Española en Narrativa e da Crítica Galega en Ensaio, medalla Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. 



No hay comentarios: