4 mar 2016




dia internacional das mulleres

Un ano mais o vindeiro día 8 de marzo celebraremos o día internacional da muller traballadora.
Temos música o martes ás 19,30 no auditorio con intérpretes femininas, con un agasallo para as nais, aboas, madriñas, tias…dos alumnos que as leven ó concerto e durante duas semanas podedes ver a exposición “Mulleres Compositoras”, xa que a nosa particular celebración neste ano, xira ao redor delas, as grandes esquecidas no eido da música. Cartazes e biografías de oito pioneiras, espelidas, valentes e loitadoras que necesitaban expresarse obviando as barreiras existentes, que nos enchen de orgullo como mulleres e como músicos.

A historia é clara respecto diso, desde as precursoras Kassia, Hildegarda de Bingen ou  Francesca Caccini ata as nosas contemporánes, moitas mulleres  dedicáronse á música como intérpretes, ben no ámbito público, pero sobre todo no ámbito privado do fogar ou dos conventos; poucas, con todo, puideron desenvolver o seu labor creativo como compositoras, pero desde logo ningunha tivo unha carreira pública neste sentido.
Coma sempre hai excepcións, neste caso mínimas, e Cecil Chaminade é o paradigma pero fronte a ela, temos o estremecedor exemplo de Fanny Mendelssohn ou de Alma Mahler, que sufriron todos os prexuízos da súa época e non puideron desenvolver as súas calidades musicais como debían, polo simple feito de ser mulleres.
A educación musical que acadaban as mulleres, recibíana fundamentalmente na casa, cun profesor particular, lonxe dos círculos de formación, infomación e intercambio de ideas entre iguais nos que se movian os homes. A finalidade desta formación era ser un complemento a súa educación como damas de unha sociedade acomodada e elitista, pero non pensando na posibilidade de dedicarse profesionalmente a música. 

Mediado o século XIX, xa se albiscan signos de cambio pero non  será ata o XX no que as mulleres irrumpen con forza no estudío da música  nas entidades institucionais dedicadas o ensino musical e conservatorios, acadando unha formación en igualdade cos homes.

Hoxe en día ninguhna muller que desexe dedicarse a composición vai atopar os atrancos das que nos precederon. O talento, as capacidades e a valía dun ser humano son totalmente alleas e independentes do seu sexo.


No hay comentarios: