17 oct 2018


Morre a soprano Montserrat Caballé


A soprano Montserrat  Caballé morreu na madrugada do sábado 6 ós 85 anos no hospital Sant  Pau de Barcelona, onde se atopaba ingresada desde mediados de setembro por un problema de  vesícula, segundo informaron fontes hospitalarias.
Falar de Montserrat  Caballé (Barcelona, 12 de abril de 1933- 6 de outubro de 2018) é falar dunha auténtica lenda. Pola súa milagrosa voz, e tamén pola súa desbordante personalidade, a gran soprano catalá era, probablemente, a última gran diva do canto.

Coa súa morte, desaparece unha voz única, irrepetible, unha das sopranos máis importantes do século XX.
Caballé era esa simpática señora que cantaba “Barcelona” xunto a Freddie Mercury na universal cita olímpica de 1992.
Artisticamente, gañouse sempre o respecto dos grandes directores cos que actuou en teatros e auditorios de todo o mundo e protagonizou memorables gravacións. Falamos de nomes de referencia como  Herbert  von  Karajan,  Georg  Solti, Carlo  Maria  Giulini,  Riccardo  Muti, James  Levine,  Riccardo  Chailly.
A dedicación ao belcantismo e o gran repertorio lírico francés e alemán centraron a súa carreira durante décadas, compartindo escenario con artistas do canto como José Carreiras, Jaime  Aragall, Plácido Domingo, Alfredo  Kraus ou Carlo  Bergonzi.


No hay comentarios: