4 mar 2016




dia internacional das mulleres

Un ano mais o vindeiro día 8 de marzo celebraremos o día internacional da muller traballadora.
Temos música o martes ás 19,30 no auditorio con intérpretes femininas, con un agasallo para as nais, aboas, madriñas, tias…dos alumnos que as leven ó concerto e durante duas semanas podedes ver a exposición “Mulleres Compositoras”, xa que a nosa particular celebración neste ano, xira ao redor delas, as grandes esquecidas no eido da música. Cartazes e biografías de oito pioneiras, espelidas, valentes e loitadoras que necesitaban expresarse obviando as barreiras existentes, que nos enchen de orgullo como mulleres e como músicos.

A historia é clara respecto diso, desde as precursoras Kassia, Hildegarda de Bingen ou  Francesca Caccini ata as nosas contemporánes, moitas mulleres  dedicáronse á música como intérpretes, ben no ámbito público, pero sobre todo no ámbito privado do fogar ou dos conventos; poucas, con todo, puideron desenvolver o seu labor creativo como compositoras, pero desde logo ningunha tivo unha carreira pública neste sentido.
Coma sempre hai excepcións, neste caso mínimas, e Cecil Chaminade é o paradigma pero fronte a ela, temos o estremecedor exemplo de Fanny Mendelssohn ou de Alma Mahler, que sufriron todos os prexuízos da súa época e non puideron desenvolver as súas calidades musicais como debían, polo simple feito de ser mulleres.
A educación musical que acadaban as mulleres, recibíana fundamentalmente na casa, cun profesor particular, lonxe dos círculos de formación, infomación e intercambio de ideas entre iguais nos que se movian os homes. A finalidade desta formación era ser un complemento a súa educación como damas de unha sociedade acomodada e elitista, pero non pensando na posibilidade de dedicarse profesionalmente a música. 

Mediado o século XIX, xa se albiscan signos de cambio pero non  será ata o XX no que as mulleres irrumpen con forza no estudío da música  nas entidades institucionais dedicadas o ensino musical e conservatorios, acadando unha formación en igualdade cos homes.

Hoxe en día ninguhna muller que desexe dedicarse a composición vai atopar os atrancos das que nos precederon. O talento, as capacidades e a valía dun ser humano son totalmente alleas e independentes do seu sexo.


1 mar 2016


Día Internacional da Muller: 8 de marzo 2016

                                                                                                     Foto: ONU Mulleres/Ryan Brown

O tema de 2016 para o Día Internacional da Muller é "Por un Planeta 50-50 en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero". O 8 de marzo a observancia das Nacións Unidas reflexionará sobre como acelerar a Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable para impulsar a aplicación efectiva dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Así mesmo, centrarase en novos compromisos dos gobernos baixo a iniciativa ?Demos o paso? de ONU Mulleres e outros compromisos existentes en materia de igualdade de xénero, o empoderamiento das mulleres e os dereitos humanos das mulleres.
Achega do Día
As Nacións Unidas comezou a celebrar o Día Internacional da Muller o 8 de marzo en 1975, Ano Internacional da Muller. Dous anos máis tarde, en decembro de 1977, a Asemblea Xeral adoptou unha resolución proclamando un Día das Nacións Unidas para os Dereitos da Muller e a Paz Internacional, que os Estados Membros poden celebrar calquera día do ano seguindo a súa tradición histórica e nacional.
O Día Internacional da Muller xurdiu das actividades dos movementos obreiros a finais do século XX en América do Norte e Europa. Desde entón, o Día Internacional da Muller adquiriu unha dimensión global para as mulleres dos países desenvolvidos e en desenvolvemento por igual. O crecente movemento internacional das mulleres, fortalecido por catro conferencias mundiais das Nacións Unidas sobre a muller, axudou a que a súa conmemoración ofreza a oportunidade de incrementar o apoio aos dereitos e a participación das mulleres nas esferas política e económica.

O Día Internacional da Muller pasou a ser un momento de reflexión sobre os  progresos alcanzados, un chamado ao cambio, e unha celebración dos actos de valor e determinación tomados por mulleres correntes que tiveron un papel extraordinario na historia dos seus países e as súas comunidades.

28 ene 2016




Estamos a celebrar o día escolar da paz e a non violencia e para que non pase inadvertido unha exposición de cartazes, relatos, persoeiros etc relacionados co tema, está á vosa disposición no primeiro andar do centro.
Por si non tedes a oportunidade de vela in situ ahi vai un adianto.









DECÁLOGO PARA CRECER NA PAZ

  1. Es alguén moi importante. Quérete.
2. Valora aos teus amigos. Darálles seguridade.

3. Descobre todo o que che une aos demais por riba do que che separa. 

4. Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.

5. Aprende a escoitar, comprenderás mellor aos demais.

6. Esfórzate por terminar ben as túas tarefas. Gozarás co resultado.

7. Cumpre coas túas responsabilidades, os demais o necesitan.

8. Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todos xuntos.

9. Comparte as túas cousas cos demais. Farache moi feliz.

10. Pon paz dentro de ti, desta forma estarás a poñer tamén paz  ao redor.


7 ene 2016

Morreu Pierre Boulez, un dos mais grandes músicos do século XX

O compositor e director de orquestra francés Pierre Boulez, de 90, morreu na noite do cinco de xaneiro en Baden-Baden (Alemaña), onde vivía, segundo comunicou a familia do músico.
"Para todos aqueles que o coñeceron e que puideron apreciar a súa enerxía creativa, a súa esixencia artística, dispoñibilidade e  xenerosidade, a súa presenza manterase viva e intensa", segundo os seus familiares.
O gran revolucionario do a música do século XX considerábase un transgresor en todos os sentidos. Non tiña límites e gustáballe cumprir anos porque sentía máis libre. "Canto máis pasa o tempo e máis anos tes, máis libre sente un. Se tes vitalidade estás obrigado a empregala para descubrir novos territorios", adoitaba comentar. 



Amable, simpático e un gran sabio percorrera o século XX pero non tiña demasiado interese por facer revolucións no XXI. "Non teño suficiente tempo para iso. Non teño todo o século por diante. Sinto moi ben, pero son consciente das miñas limitacións. Sei que non podo acelerar a miña actividade se quero manterme activo o maior tempo posible". Que non fixo que debería facer? "Oh, moitas cousas, demasiadas, pero non o lamento. Sei que a miña vida estivo moi chea. Foi en moitas direccións, pero creo que conseguín marcar un paso musical, e non se pode gañar en todo. Creo que fixen cousas importantes e cousas menos importantes. Por tanto, considero que o balance final é bastante positivo"

Na dirección dos seus concertos negábase a utilizar batutas porque considera que son "como bastóns para andar".


"El país" 6/1/16