14 may 2020


17 de maio
día das letras galegas



Ricardo Carvalho Calero (Ricardo Carballo Calero) naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. 
Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador -iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"- que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.

Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.

as caricaturas de Carvalho Calero con de Siro

3 mar 2020




Un novo 8 de marzo para conmemorar o día da muller. Temos no corredor do primeiro andar unha exposición sobre mulleres importantes en todos os eidos
da cultura, a investigación, a docencia, a arte e especialmente a música. Elas deben de ser un espello no que mirarnos.

Un concerto o vernes día 6 a cargo da Orquestra de Grao Profesional poñerá a música á nosa "4ª Festa da rosa" onde cada unha de nós recibirá a flor.
Quedades invitadas e invitados a nosa festa¡




19 jun 2019



21 de xuño
Día Europeo da Música

Imos pechar o curso 2018-2019 de xeito que vos queden gañas de seguirnos o vindeiro curso e é facendo o que, se cadra, mellor  sabemos facer: música.
Os nosos alumnos de todas as especialidades instrumentais xúntanse por esta data facendo música nunha formación orquestral con pezas variadas para disfrute de todos.
O venres a 19,00 no noso auditorio tedes unha cita, non o esquezades. Vémonos!  

         

1 mar 2019







Temos para conmemorar o día internacional da muller distintas actividades nas que poder disfrutar da efeméride: Concerto da Orquestra de Grao Profesional e un dúo de clarinete e piano formado por Susana García e Virginia Lis, profesoras do centro, a 3ª  Festa da rosa, (flores para todas as mulleres que asistan o concerto), a exposición de cartazes "Mulleres moi nosas: galegas e de Lugo" no primeiro andar e que inclue as súas biografias.... Víde e gozádeo!!!!!!!!!









23 feb 2019

Galicia celebra o Día de Rosalía con alborada e caldo de gloria
A fundación de Padrón anima a todos a conmemorar o día 24
Como bos galegos, a gastronomía e a música non poden faltar na conmemoración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro (data do seu nacemento), polo que a fundación que leva o seu nome en Padrón convidou onte a toda Galicia a preparar o caldo de gloria e a saudar o festexo cunha alborada. Son as dúas propostas principais do programa para o día 24 da Fundación Rosalía de Castro, que deu a coñecer o seu presidente, Anxo Angueira. Xunto a el estiveron a escritora Ledicia Costas, encargada de preparar este ano o caldo de gloria, e Oli Xiráldez e Gustavo Couto, da Asociación de Gaiteiros Galegos, que colabora na alborada global.

Anxo Angueira animou aos galegos a cociñar, por terceiro ano, o caldo de gloria, xa sexa no ámbito público, dende comedores escolares e a hostalaría, ao privado, nas casas de cada un. Lembrou que Rosalía fala desa comida tan galega no poema Miña casiña, meu lar, que relata «a épica invisible doméstica dunha muller» que dá unha lección de como «sobrevivir e mesmo ser feliz a pesar da penuria e as adversidades», dixo. A escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de España no 2015, declarouse «emocionada» por ter a oportunidade de poder preparar o caldo de gloria. Tanto a alborada global como o caldo de gloria celebraranse o día 24, pero este xoves a Casa da Matanza acollerá a plantación na súa horta dun carballo de Gernika, acto ao que asistirá a presidenta das Juntas Generales de Biscaia. O venres, en Padrón, celébrase a segunda Gala Rosaliana, organizada polo Concello en colaboración coa fundación. Onte, Oli Xiráldez e Gustavo Couto interpretaron un anaco da Alborada de Rosalía, unha peza musical con letra da propia poeta, que animaron a dar a todos os músicos, non só aos gaiteiros.





PADRÓN / LA VOZ 19/02/2019 05:00 H

28 ene 2019





30 de xaneiro
Dia Escolar da Non Violencia e a Paz



Celebramos a efeméride con distintas actividades: Podes visitar a exposición de embaixadores en activo da paz da ONU que temos no primeiro andar do centro, podes ler un glosario sobre non violencia paz e bo trato recompilado por Unicef, podes poñer a tua frase ou desexo no taboleiro que temos preparado, e tamén podes asistir o concerto de profesores, alumnos e antigos alumnos.
Non esquezas entrar en YouTube e ver a "Historia de punto" Unicef. Fixo que che vai gustar!






17 oct 2018


Morre a soprano Montserrat Caballé


A soprano Montserrat  Caballé morreu na madrugada do sábado 6 ós 85 anos no hospital Sant  Pau de Barcelona, onde se atopaba ingresada desde mediados de setembro por un problema de  vesícula, segundo informaron fontes hospitalarias.
Falar de Montserrat  Caballé (Barcelona, 12 de abril de 1933- 6 de outubro de 2018) é falar dunha auténtica lenda. Pola súa milagrosa voz, e tamén pola súa desbordante personalidade, a gran soprano catalá era, probablemente, a última gran diva do canto.

Coa súa morte, desaparece unha voz única, irrepetible, unha das sopranos máis importantes do século XX.
Caballé era esa simpática señora que cantaba “Barcelona” xunto a Freddie Mercury na universal cita olímpica de 1992.
Artisticamente, gañouse sempre o respecto dos grandes directores cos que actuou en teatros e auditorios de todo o mundo e protagonizou memorables gravacións. Falamos de nomes de referencia como  Herbert  von  Karajan,  Georg  Solti, Carlo  Maria  Giulini,  Riccardo  Muti, James  Levine,  Riccardo  Chailly.
A dedicación ao belcantismo e o gran repertorio lírico francés e alemán centraron a súa carreira durante décadas, compartindo escenario con artistas do canto como José Carreiras, Jaime  Aragall, Plácido Domingo, Alfredo  Kraus ou Carlo  Bergonzi.


1 oct 2018




DE NOVO AQUÍ
Ola a todos/ as De novo convosco para comezar un curso que aínda que agora promete ser longo, antes de que nos deamos conta rematará. Aí vai a fotografía otoñal coa que sempre empezamos acompañada esta vez dun poema do escritor francés Paul Verlaine. Desexarvos bo curso e que todas as actividades que estamos a preparar sexan gratamente dimanizadoras.

“Chanson d’automne”
Les sanglots longs
Des violons
De l’automne
Blessent mon coeur
D’une langueur
Monotone.
Tout suffocant
Et blême, quand
Sonne l’heure,
Je me souviens
Des jours anciens
Et je pleure
                                                                           Et je m’en vais
                                                                          Au vent Qui m’emporte
                                                                           Deçà, delà,
                                                                           Pareil à la
                                                                             Feuille morte.
                                                                                  Paul Verlaine, 1866

                                                                           
Canción de outono
Os saloucos máis fondos
do violín do outono
son igual
que unha ferida na alma
de  congoxas estrañas
sen final.

Tembloroso lembro
esta fuxida do tempo
que se foi.
Evocando o
pasado e os días afastados
chorarei.

Este vento leva
o onte de tebra
que pasou,
unha mala borrasca
que levanta follaxe
como eu.

Paul Verlaine, 1866










26 jun 2018


21 DE XUÑO  DÍA EUROPEO DA MÚSICA




Como xa vén sendo habitual o Conservatorio Profesional de Música " Xoán Montes" celebrou o pasado xoves 21 de xuño o concerto conmemorativo do Día Europeo da Música.


Para a ocasión a creación dunha orquestra sinfónica na que participan alumnos/ as, profesores/ as, e antigos alumnos/ as do centro, é un logro moi do agrado do público xa que se lle ofrece a posibilidade de escoitar un repertorio diferente ao habitual debido precisamente á versatilidade da formación e que se vai consolidando ano tras ano.





Felicitacións a todos os que dun modo ou outro contribuíron a que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega chegase a realizar todas as actividades do presente curso.

Boas vacacións!









13 may 2018

                   
                         LETRAS GALEGAS 2018

                        Mª Victoria Moreno Mázquez 
                

Unha vez mais celebramos o día das nosas letras e, ¿ que mellor  presentación que as palabras da homenaxeada este ano ?

…………
Con Cervantes, Federico
e Miguel, o de Orihuela
faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar na lingua galega
             ………

Temos na vidreira do primeiro andar unha exposición sobre Mª Victoria Moreno Márquez, a súa biografía para consultar, unha reseña neste  blogue e unha invitación para que veñades o concerto de música galega do mércores 16 ás 20,00 no Auditorio do Conservatorio. Que mais se pode pedir?. Que veñades!

23 abr 2018


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO





O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano de 1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e o Inca  Garcilaso de la Vega. Igualmente conmemórase o nacemento ou morte doutros autores prominentes como  Maurice  Druon,  Haldor  K.  Laxness,  Vladimir  Nabokov, Josep Pla e Manuel  Mejía  Vallejo.
A celebración deste día foi unha decisión espontánea tomada na Conferencia Xeral da UNESCO que se celebrou en París en 1995, para render unha homenaxe universal aos libros e autores.

"Xanela aberta á diversidade das culturas e ponte tendido entre as civilizacións,  vector de valores, de saberes, do sentido estético e da imaxinación, o libro é ante todo obra da intelixencia, a creatividade e a cultura humanas: por iso enriquece o patrimonio inmaterial da humanidade..." ( Koïchiro  Matsuura, Director Xeral da UNESCO).

5 mar 2018

               
8 de marzo día da muller






Temos preparado un concerto, unha exposición de mulleres inventoras e unha rosa para cada muller que veña ás 19,30 ao Auditorio. Non faltes!
Música e rosas para todas as mulleres no noso día. Nesta data reivindicativa non esquezas do lema deste ano:

IGUAIS E LIBRES













27 ene 2018

           Día escolar da Non-violencia e da Paz

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz ( DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e  Pacificadora do profesor español  Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
A mensaxe básica deste día é: ’Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra’.
O  DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.
O día 30 de Xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o  Mahatma  Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático  hinduista.
Gandhi naceu en  Porbandar, India, en 1869, e tras  graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns que se produciron tras a independencia en agosto de 1947 (os  colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Paquistán, un hindú e outro musulmán). Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.




POEMA

Non me importa 
se es moza ou mozo 
se es negro ou branco
se entendes ben a miña lingua
e eu a túa.
Non importa de onde vés,
ou onde naciches.
Non importa se os teus pais 
vivían xa aquí.
Non importa se temos 
crenzas diferentes.
Nada diso importa. 
Porque das diferenzas
non faremos discriminacións. 
Porque as diferenzas
enriquécennos.
Porque estamos chamados 
a vivir xuntos.
E imos entendernos.
Trae acá esa man
Entenderémonos.

Esteve Alcolea



Ven a visitar a nosa exposición de Personaxes e Institucións pola Paz, ven o concerto que temos preparado e celebra o día connosco.








20 nov 2017




                       20 de novembro


PREÁMBULO
Considerando que os pobos das Nacións Unidas han reafirmado na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais do home e na dignidade e o valor da persoa humana, e a súa determinación de promover o progreso social e elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo da liberdade,
Considerando que as Nacións Unidas han proclamado na Declaración Universal de Dereitos Humanos que toda persoa ten todos os dereitos e liberdades enunciados nela, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición,
Considerando que o neno, pola súa falta de madurez física e mental, necesita protección e coidado especiais, incluso a debida protección legal, tanto antes como despois do nacemento,
Considerando que a necesidade desa protección especial foi enunciada na Declaración de Xenebra de 1924 sobre os Dereitos do Neno e recoñecida na Declaración Universal de Dereitos Humanos e nos convenios constitutivos dos organismos especializados e das organizacións internacionais que se interesan no benestar do neno,
Considerando que a humanidade debe ao neno o mellor que pode darlle,
A Asemblea Xeral,
Proclama a presente Declaración dos Dereitos do Neno a fin de que este poida ter unha infancia feliz e gozar, na súa propio ben e en ben da sociedade, dos dereitos e liberdades que nela enúncianse e insta os pais, aos homes e mulleres individualmente e ás organizacións particulares, autoridades locais e gobernos nacionais a que recoñezan eses dereitos e loiten polo seu observancia con medidas lexislativas e doutra índole adoptadas progresivamente en conformidade cos seguintes principios:
Principio 1
O neno gozará de todos os dereitos enunciados nesta Declaración. Estes dereitos serán recoñecidos a todos os nenos sen excepción algunha nin distinción ou discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión,
opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición, xa sexa do propio neno ou da súa familia.
Principio 2
O neno gozará dunha protección especial e dispoñerá de oportunidades e servizos, dispensado todo iso pola lei e por outros medios, para que poida desenvolverse física, mental, moral, espiritual e socialmente en forma saudable e normal, así como en condicións de liberdade e dignidade. Ao promulgar leis con este fin, a consideración fundamental a que se atenderá será o interese superior do neno.
Principio 3
O neno ten dereito desde o seu nacemento a un nome e a unha nacionalidade.
Principio 4
O neno debe gozar dos beneficios da seguridade social. Terá dereito a crecer e desenvolverse en boa saúde; con este fin deberán proporcionarse, tanto a el como á súa nai, coidados especiais, mesmo atención prenatal e postnatal. O neno terá dereito a gozar de alimentación, vivenda, recreo e servizos médicos adecuados.
Principio 5
O neno física ou mentalmente impedido ou que sufra algún impedimento social debe recibir o tratamento, a educación e o coidado especiais que require o seu caso particular.

Principio 6
O neno, para o pleno e armonioso desenvolvemento da súa personalidade, necesita amor e comprensión. Sempre que sexa posible, deberá crecer ao amparo e baixo a responsabilidade dos seus pais e, en todo caso, nun ambiente de afecto e de seguridade moral e material; salvo circunstancias excepcionais, non deberá separarse ao neno de pouca idade da súa nai. A sociedade e as autoridades públicas terán a obrigación de coidar especialmente aos nenos sen familia ou que carezan de medios adecuados de subsistencia. Para o mantemento dos fillos de familias numerosas convén conceder subsidios estatais ou doutra índole.
Principio 7
O neno ten dereito a recibir educación, que será gratuíta e obrigatoria polo menos nas etapas elementais. Daráselle unha educación que favoreza a súa cultura xeral e permítalle, en condicións de igualdade de oportunidades, desenvolver as súas aptitudes e o seu xuízo individual, o seu sentido de responsabilidade moral e social, e chegar a ser un membro útil da sociedade.
O interese superior do neno debe ser o principio reitor de quen ten a responsabilidade da súa educación e orientación; dita responsabilidade incumbe, en primeiro termo, aos seus pais.
O neno debe gozar plenamente de xogos e recreacións, os cales deben estar orientados cara aos fins perseguidos pola educación; a sociedade e as autoridades públicas esforzaranse por promover o goce deste dereito.
Principio 8
O neno debe, en todas as circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro.
Principio 9
O neno debe ser protexido contra toda forma de abandono, crueldade e explotación. Non será obxecto de ningún tipo de trata.
Non deberá permitirse ao neno traballar antes dunha idade mínima adecuada; en ningún caso dedicaráselle nin se lle permitirá que se dedique a ocupación ou emprego algún que poida prexudicar a súa saúde ou a súa educación ou impedir o seu desenvolvemento físico, mental ou moral.
Principio 10
O neno debe ser protexido contra as prácticas que poidan fomentar a discriminación racial, relixiosa ou de calquera outra índole. Debe ser educado nun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, paz e fraternidade universal, e con plena conciencia de que debe consagrar as súas enerxías e aptitudes ao servizo dos seus semellantes.